Fin de semana cargadiña de actividades grazas a Vai de Roda, quen organiza ata o domingo os Encontros de Folclore do venres 4 ao domingo 6.
Inaugúrase o venres 4 de novembro, cunha exposición no auditorio de vestiario tradicional, que estará aberta ata o día 19 de novembro.
Ás 7 da tarde do sábado 5 de novembro, tamén no auditorio, hai un festival que conta coa participación dun grupo asturiano, outro de Ribeira e os propios de Vai e Roda.
E se o sábado á tarde a cousa soubo a pouco, pola noite, a iso das 22.3h, foliada aberta no Campo de Arriba.
Sen tempo para descansar case, o domingo 5 de novembro, ao mediodía, música na rúa, en concreto na praza de Rafael Dieste.
Aquí tedes o cartel da foliada no Campo de Arriba o sábado á noite, na que participan Tahume, Campantes da Baña, Tarambainas e Río de Anxo.
Deixar unha resposta