Onte, a través de Marta, de La Voz de Galicia, coñecemos a notica de que Andrés Lojo (1926) falecera. Para quen non o coñeza, Andrés formara parte do Coro Castelao de Bos Aires, que gravou a peza orixinal da Rianxeira, “Ondiñas da nosa ría”, escrita por Romero e Pinziñas. Aínda que naceu en Rianxo, emigrou á Arxentina, onde estaban os seus pais. El mesmo foi quen mandou o disco dende alá, a través dun barco inglés, para que soase por primeira vez na terra no Feliciano.
Nós tivemos a sorte de quedar con el para unha pequena sesión fotográfica, pois foi unha das persoas que formou parte da exposición Ruando Rianxo, na que quixemos retratar a xente da nosa terra.
Na exposición só puido ir unha imaxe, así que hoxe queremos compartir con vós varios momentos desa mañá cun ceo impresionante na que Andrés nos adicou uns minutiños.
Quedamos sobre todo con ese sorriso.
Tamén vos deixamos a súa participación no programa “No bico un cantar” emitido o 1 de xaneiro de 2013 na TVG, sobre a Rianxeira.
Primeiro programa de “No bico un cantar” emitido o 1 de xaneiro de 2013 na TVG:
Unha resposta a “Faleceu Andrés Lojo”