O pasado 24 de outubro celebrouse na bibloteca municipal de Rianxo o Día da Biblioteca 2014, coa segunda edición de acampada na mesma.Xa dende a tardiña, foron moit@s @s que se achegaron até o pazo do Martelo para desfrutar de Magín Blanco García que ofreceu un contacontos con música.
Despois, xa pola noite, realizaron un pasarrúas acompañados por Tero Rodríguez membro dos Quinquilláns e unha pantasma que fixo desfrutar tanto a cativos coma a maiores polo centro de Rianxo.
A noite pasou entre actividades e divertimentos e, ao día seguinte pola mañ,á tiveron a presenza de Helena Villar Janeiro e de David Pobra que se pasaron a almorzar c@s asistentes.
Deixamos un enlace tamén, ás fotos que foron facendo dende a biblioteca e que amablemente nos cederon para a sua difusión: fotos do Día da Biblioteca 2014 en Rianxo.
Deixar unha resposta