Hoxe, 11 de setembro de 2018, os xigantes regresaron á vila de Rianxo. En concreto, durante a celebración do Día de Padrón puidéronse ver a dous. Un home e unha muller. Iso si, a xente, lonxe de terlles medo, aplaudía e ficaba alegre coa imaxe.
Foi unha sorpresa durante a recepción ás autoridades de Padrón. Dous xigantes. Unha delas coa cara de Rosalía e outro coa de Castelao.
Dende logo toda unha forma de pechar un irmandamento entre vilas veciñas e literarias. Rosalía e Castelao camiñando polos sitios máis característicos de Rianxo.
E aquí o pai dos xigantes:
Un dos que estivo tamén neste momento histórico foi o dramaturgo e actor Quico Cadaval.
Quedan os vídeos:
Deixar unha resposta