Tag Archives: Arxentina

Así foi o traslado e a misa de corpo presente de Castelao en Bos Aires

24 Xan

De novo a Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) volve ofrecernos un gran documento na rede. Desta vez o traslado dos restos de Castelao polas rúas de Bos Aires e a misa de corpo presente na basílica de Santa Rosa de Lima, ao tempo que se entrevista ao presidente do Centro Galego da capital arxentina e a Luís Sobreira, Presidente do Instituto Argentino de la Cultura Gallega.