No Museo da Deputación de Pontevedra alberga unha sala adicada en exclusiva ao rianxeiro máis coñecido: Castelao. Alí poderemos atopar moitas das súas obras, algunhas de seguro que sorprendentes para o visitante, así como as caretas da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Comentar que a entrada é gratuíta, así que se ides por Pontevedra, non deixedes de ir.
Para quen non o saiba, Castelao desenvolveu a súa paixón polo debuxo de forma autodidacta, colaborando en exposicións e ilustrando libros con debuxos.
En 1915 entregoulle ao Balneario de Mondariz tres grandes óleos con cegos como protagonistas. Os seus problemas coa vista farán que sexan un tema central na súa obra.
Teño que confesar que esta parte me sorprendeu, en canto que descoñecía que Castelao tiña unha serie de debuxos de negros. Foron feitos polo rianxeiro en Cuba e en Nova York.
Tamén podemos atopar moitos dos seus debuxos críticos coa situación política e social que vivía, nos que denunciaba as inxustizas e o terror que sufría a xente.
Tamén, como digo, están as caretas que deseñou e fixo el mesmo para Os vellos non deben de namorarse. No vídeo de arriba podedes velas.
Outra serie de óleos amosan unha natureza colorida, chea de detalles e de amor por Galicia.
Unha resposta a “A sala Castelao no Museo de Pontevedra”