Concerto “A Música da Belle Epoque”

30 Mar

_MG_3498

Dende o sábado 28 podemos visitar no primeiro andar do auditorio rianxeiro a expo do fondo musical de Rianxo. A inauguración da expo estivo presidida polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a presidenta da UNED Galiza, Susana Blanco Miguelez e por José Luís do Pico Orjais. Ademais, contouse con moita xente que se achegou a ver tan singular material que se expón por primeira vez na localidade.

_MG_3501 _MG_3506 _MG_3511 _MG_3514 _MG_3517 _MG_3603 _MG_3604 _MG_3606 _MG_3607 _MG_3610 _MG_3615 _MG_3630 _MG_3631 _MG_3637 _MG_3642 _MG_3643

Pouco a pouco os corredores do auditorio fóronse enchendo cada vez máis. E ás oito e media da tarde xa estaba o auditorio cheo ata a bandeira para poder desfrutar do concerto da “Música da Belle Epoque”.

_MG_3661 _MG_3662 _MG_3689 _MG_3690

O acto estivo presentado por Tero Rodríguez que foi dando paso ós músicos que pasaron polas táboas do auditorio rianxeiro para goze e desfrute dos que por alí nos deixamos caer.

_MG_3714

Comezou o concerto cunha improvisación de José Nine o saxo e Patricia Quintela ó acordeón

_MG_3703 _MG_3705 _MG_3709

Continuamos coa Aula UNED, (guitarra, tambor, bombo, frauta, harmónica, zanfoña, 9 voces) que tocaron catro pezas. Un pasacorredoiras (tradicional), Chirimbaina (tradicional), Foliada Rianxeira (tradicional) e Campainhas (autor Jesús Rañó. 1956)

_MG_3718 _MG_3720 _MG_3728 _MG_3738

Logo foi o turno do escritor Xosé Duncan que preparou un texto que leu mentras se proxectaba o vídeo feito o pasado febreiro coa presentación do “Valse Rianxo”

_MG_3742

Isabel Rei Smartín, á guitarra, tocou a Suite Rianxeira en tres movementos: foliada, alalá e muiñeira. Despois estivo acompañada por Xaime Suárez Blanco (guitarra) e Arturo Juiz Río (bandurria) para tocar unha canción arxentina arranxada por A. Romero no 1935 e titulada Vidalita.

_MG_3747

_MG_3755

Tocoulle o turno máis tarde á novísima Aida Saco que ó piano tocou Miniatura (José Pérez) e Adios a Santigado (Fárvaro). Deseguido, tamén Aida, estivo acompañada por Helena de Alfonso para cantar Cando os Pasariños (autor descoñecido).

_MG_3762 _MG_3768 _MG_3771

Logo fíxose un pequeno parón para ir adecuando o escenario ó que ía suceder e entrou en acción a banda de música, primeiro para tocar Frívolo (José Ramón Nine Piñeiro), Corazón Santo (José Ramón Nine Piñeiro e José Pérez) e Rianxo Festivo (autor descoñecido).

pano 1 banda mini

Xa para rematar, o escenario do auditorio encheuse de bote a bote para acoller a toda a banda de música, e ó coro de Rianxo para interpretar Ondiñas da Nosa Ría (Ángel Romero, Jesús Frieiro) e o Hino a Rianxo (Arcos Moldes)

Panorama_sin_título2

Dar as grazas á Aula UNED senior da Galiza en Rianxo, e ó seu profesor José Luís do Pico Orjais por dar a coñecer á xente esta marabilla musical que nos trasladou de certo a aquela Belle Epoque!

_MG_3835

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: