Esta tarde, un veciño e seguidor do blog pasounos unhas imaxes dunha vertedura xunto á depuradora de Rianxo. As imaxes, segundo a persoa que nos informou deste suceso, corresponden ás 18.30 horas.
Dende aquí puxémonos en contacto co Concello e explicounos que se trata dun “verquido do que se informa á empresa e se agarda porque a Xunta faga as actuacións previstas que eliminarán en boa medida estas situacións”.
Actualización: dende o Concello acaban de informarnos que a policía local estivo pendente da vertedura e que esta xa cesou.
Agardamos, pois, que imaxes deste tipo non se repitan, porque sabemos que do mar depende o futuro de boa parte dos nosos veciños. Ademais, moi preto, hai unha praia na que todos os veráns se bañan centos de persoas.
Deixar unha resposta