A inspiración do escudo de Castelao

12 Dec

Como sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?

escudocastelao

As armas, en campo de azur, levan unha estrella de cinco puntas vermella e un fouciño, cunha cunha bordura de prata cargando o citado lema, segundo recolle a Wikipedia.

Agora ben, o que destaca sobre o conxunto é a figura da serea, que podemos atopar en Rianxo. En concreto, está no escudo dos Mariño na capela do Patrocinio de Rianxiño e no escudo dos Torrado-Mariño, no pazo de Asadelos.

O primeiro deles foi recollido nun traballo que fixo con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado revista Nós Nós nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle 33 escudos diferentes, dos que dous inclúen a serea da lenda da illa de Sálvora. Castelao escribe respecto ao do de Rianxiño isto: “A serea tenante da capela do Patrocinio sostén con exipcia frontalidade armas dos Mariñosnotabelmente estilizadas no primeiro coartel e tal ves Piñeiros na metade inferior. A capela está datada no ano de 1665″. Fonte: blog Cousas de Castelao.

E aquí tedes a foto do escudo na Capela:

Pero un escudo moi semellante tamén se pode ver no pazo de Asadelos, aínda que o escudo non é dos Mariño, senón dos Torrado-Mariño. Como vedes, mantense a serea, pero no centro aparecen as torres dos Torrado. Este espectacular escudo mide case dous metros:

Foto de fotosderianxo.com

Foto de fotosderianxo.com

Advertisement

Unha resposta a “A inspiración do escudo de Castelao”

  1. jenny09costadamorte 04/30/2014 ás 18:35 #

    Tamén o hai en TREOS (VIMIANZO) nunha capela (Xora) e seica o tema da serea fora dunha lenda que dicía que un conde namorouse dunha e puxéronlle “Mariña” porque veu do mar… fermosa a historia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: