Fotos e vídeo do Chupitaso nas festas da Guadalupe de Rianxo 2022

10 Set

Había moitas ganas de festas. O coronavirus provocou, entre outras cousas, que levemos dous anos sen sentir o que é vivir oito días de festas en Rianxo. E onte, por fin, puidemos desquitarnos. Chegou a celebración coa que despedimos o verán. A nai de todas as festas. A Guadalupe 2022.

Velaquí algúns pequenos momentos da festa. Porque, como non, as festas da Guadalupe de Rianxo comezan cunha volta ao pasado. En concreto coa festa dos anos Oitenta.

Pero antes, tocaba como sempre inaugurar as festas. A hora máxica, as 12 da noite, foi o momento no que centos de mozos e de mozas festexaron con viño, auga e canto líquido tiñan a man para darlle a benvida aos 8 días de troula máis agardados.

A temática, de novo, volveron ser os anos 80. Polo que abundaron os difraces con perrucas, cardados imposibles, leotardos, cintas para o pelo e quentadores nas pernas.

Por certo, que xa descubrimos esa lugar “instagrameable” do que falaba Carlos Ces, o presidente da Comisión de Festas. En Setefogas podemos facernos unha foto na que inmortalizar estes días.

A vista do Campo dende as festas era espectacular tras o chupitaso. Había moitísima xente. De feito, eu non lembro un venres da Guadalupe con tanta xente. Ademais, o tempo acompañaba este regreso da festividade.

A música puxérona Bruno Deejay e Xacobo, que tamén foron caracterizados como merecía a ocasión.

Por certo, sinalar o civismo da xente e o bo ambiente que se respiraba no Campo. E tamén destacar a todos os mozos e mozas que teñen moi claro que pasalo ben non significa deixar a praza chea de lixo. Os nosos parabéns a todas estas persoas que dan exemplo e se preocupan porque o lugar das festas quede en perfectas condicións.

E rematamos cos que adoitan sorprendernos cos disfraces máis orixinais ano tras ano. Desta vez deron vida a un dos grandes xogos dos 80, o Tragabolas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: