A Feira do Libro 2015, xa en Rianxo

23 Xul

Dende esta mañá, e ata o domingo, poderemos desfrutar en Rianxo dunha nova Feira do Libro. As casetas estarán abertas de 12.00 a 14.00 horas (ata as 14:30 horas na fin de semana e festivo), e de 18.30 a 22.30 horas.

Ademais, esta ano ten a honra (e a responsabilidade) de dar o pregón inaugural hoxe ás 12.00 horas a nosa veciña de adopción, a escritora Helena Villar Janeiro. Unha horiña antes estará a xente de Fantoches Baj co seu espectáculo Velocíclopes animando as rúas do Concello, para despois dar paso á actuación musicial de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara) e ao discurso de Villar Janeiro.

Será varios días de moitas e interesantes actividades, contacontos, música e presentación de libros por veciños como a propia Helena (o domingo ás 12.00 horas), de Raquel García (o venres ás 12.00 horas), de Xosé Ricardo Losada (o sábado ás 12.00 horas) ou de Xosé Duncan (o sábado ás 20.30 horas).

Velaquí a programación ao completo:

Xoves 23 de xullo:
19.00. Actividade infantil. O baúl creativo, realizado por Cucarandainas.
20.30. Presentación de Un animal chamado néboa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas por Edicións Xerais, coa participación de Manuel Bragado e Historia da literatura infantil e xuvenil galega de Blanca Ana Roig Rechou (coordinadora da obra), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Marta Neira (coautoras). Presenta o acto Carlos Mosteiro Fraga da Asociación Cultural Barbantia, na Casa do Concello.
21.30. O humor na feira do libro. Historias da corripa e outros romances. Monólogo do humorista Lois Pérez.
23.00. Grupo Kolo. Concerto na Praza Rafael Dieste.

Venres 24 de xullo:
12.00. Presentación de Caderno de Literatura Popular 2, Cantigas de aquén e de alén mar: Jesús Faustino Rañó Rodríguez, de Raquel García Abuín, e de Nacionalismo galego. Desatirculación, resistencia e rearticulación (1936-1975) de Uxío Breogan Diéguez Cequiel por Laiovento. Presentado por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, na Casa do Concello.
19.00. Actividade infantil. Augusta e os seus medos por Iago López Santos.
20.30. O escritor e músico Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas. Espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, por Ed. Xerais, gañador do Libro do Ano na 24 edición dos Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia. Presenta Xesús Laiño da Asociación Cultural Barbantia.
21.30. Actividade infantil. A nena e o grilo por Magín Blanco.

Sábado 25 de xullo:
12.00. Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada, por Edicións Xerais de Galicia, e Elos de cinza, de Xosé Manuel Lobato, por Editorial Ézaro, coa participación de Manuel Bragado, Antón Riveiro Coello e Alejandro Miguéns. Presenta o acto Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Na Casa do Concello.
13.00. Actividade infantil Á porta dun conto por Noemí López.
19.00. Actividade infantil. Contiños do maxín por As Garabullo.
20.30 Presentación de A identidade fascinada de Antonio Piñeiro por Editorial Galaxia, e de O solpor dos deuses de Xosé Duncan por Contos Estraños Editora. Coa participación de Manuel Cartea e Adolfo Muíños Sánchez.
21.00. Concerto conxunto das Bandas da Escola de Música de Rianxo e Banda Municipal de Música de Boiro. Na Praza de Guadalupe.
23.00. Pandeiromus en concerto. Música tradicional na Praza de Castelao.

Domingo 26 de xullo:
12.00. Presentación do libro infantil As señoras cousas, da escritora Helena Villar Janeiro, por Editorial Galaxia e de Leandro e os números de Rocío Pérez Castro. Participarán no acto Francisco Castro, Lidia Brea e Rita Bugallo. Presenta o acto Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Na Casa do Concello.
18.00. Actividade infantil. Contacontos por Miguel Ángel Alonso Diz, organizada por Nova Galicia Edicións.
21.00. Teatro infantil. Ghazafellos representa a obra As mil e unha noites.

Advertisements

Unha resposta to “A Feira do Libro 2015, xa en Rianxo”

  1. ramon macipe brunat 07/23/2015 ás 17:38 #

    Date: Thu, 23 Jul 2015 07:13:05 +0000 To: ramonbass1@hotmail.es

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: