A deportista rianxeira Cristina Noya Río, quen conta con grandes títulos ás súas costas, como o Campionato de España na modalidade C-1 sénior en 200 metros, estará este venres no Campionato do Mundo na modalidad de C2 sub 23 mulleres. Sen dúbida, xa un merecido premio para o Club Piragüismo Rianxo, canteira de grandes palistas como a propia Cristina.
A rianxeira estará acompañada pola murciana Ana Ríos Molina. Ambas competirán xuntas por primeira vez despois de estar adestrando xuntas tanto en Galicia como en Murcia. Pasadomañá, ás 18:30 horas, demostrarán toda a súa valía nas augas de Montemor O-Velho (Portugal), onde se disputa o Mundial.
Como nos informan dende o Club de Piragüismo de Rianxo, “este tándem tamén participará o próximo mes de setembro no Campionato de Europa que se vai desenvolver Romanía”. Por ese motivo, os seus adestradores tiveron que deseñar un plan de adestramento específico para as dúas mozas. Tino Rodríguez, presidente do Club rianxeiro e adestrador Cristina, explica precisamente que por mor “da distancia que separa ambos lugares de residencia vémonos na obriga de cambiar os plans de entrenamento e adaptalos ás necesidades específicas de cada padexeira, primeiro de forma individual e logo de forma conxunta, para poñelos en valor cando alguna das dúas pode viaxar ó lugar de entreno da outra”.
Ademais de Cristina Noya, o Club Piragüismo Rianxo conta cuns 40 rapaces en categorías inferiores, número que agardan aumentar a próxima tempada, ata chegar aos inscritos. Dese xeito, a canteira rianxeira, que tantos e tan grandes alegrías nos deu neste deporte, seguirá medrando.
Por outra banda, esta participación nos campionatos de alto nivel supón un “esforzo organizativo e económico elevado”, como lembran dende a directiva do clube, polo que buscan a colaboración tanto con empresas privadas como de entidades públicas.
De feito, dende o Club presidido por Tino Rodríguez queren “agradecer en primeiro lugar ao Concello de Rianxo, que recibíu esta maña da man do alcalde Adolfo Muiños, e do xerente da empresa Oñial as deportistas, e á Deputación da Coruña por todo o seu apoio e ánimos”.
Ademais, salientan a empresas como a Conservera de Rianxo, Tarrío y Suárez, Oñial, Neumáticos Soto, a estación de servizo Meroil e a cafetaría Toffe, xa que van sufragar boa parte dos gastos que supoñen estes dous campionatos. A propia Cristina Noya, no seu facebook, agradecía este apoio, porque “grazas a eles eu poderei estar o venres coa miña compañeira Ana Ríos Molina no Campionato do Mundo en Portugal”, ao tempo que engadía que “sen vós non sería posible”.
Dende aquí mandamos a mellor das enerxías para as dúas palistas, que seguro que teñen unha actuación memorable. E en Rianxo ben orgullos que nos sentimos xa de mozos así.
Deixar unha resposta