Un ano máis, a Asociación de Veciños do Araño organizou unha andaina dende o hórreo máis grande do mundo ata o Pozo Bastón. Con 10 minutos de atraso sobre a hora da saída, as 9 da mañá, uns 65 veciños e visitantes animados pola marcha comezaron a ruta para combater o fresco da mañá. Polo medio do camiño fóronse unindo máis veciños, ata completar en total as 75 persoas. Velaquí algunhas fotos da cita.
Como digo, a mañá era fresca, xa que facía uns 9 graos. Non obstante, o día non podía ser mellor para camiñar, xa que facía un sol estupendo, co que a medida que se avanzaba no percorrido todo o mundo ía entrando en calor.
Este ano foi a edición na que máis xente se uniu á andaina. Noutras ocasións fixérase en setembro e, a pesar de realizarse máis tarde, tivo máis aceptación. Seguramente porque no verán hai máis actividades e festas, polo que a data elixida propiciou unha maior afluencia de xente.
Ademais, mentres outros anos o grupo estaba máis disperso, desta vez todo o mundo foi camiñando nun bloque bastante compacto. A xente charlaba, comentaba como estaba a ser o día, o que faltaba para ir ao Pozo Bastón… Mesmo un par de participantes se animaron a levar os seus cans, que ían dun extremo ao outro do grupo como un máis.
Aquí podemos ver o grupo na Ferrería, momento no que se deixaban as pistas de asfalto para coller as de terra no monte.
Desvío ao Pozo Bastón: v
Nesta imaxe, o grupo co Pozo Bastón ao fondo.
Tras máis de media hora no Pozo Bastón, retomouse a andaina. Na Ermida agardaba a comida para celebrar o día.
E aquí a única caída do día atravesando o rego que vén do Pozo Bastón. As présas son malas 🙂
Un dos mellores momentos da xornada tivo lugar na Ermida, onde nos agardaban empanadas de polbo, bacallau, mexillóns, polo e zorza. Mellor forma de celebrar a xornada, imposible.
Unha boa forma de queimar cloreterol , se estivera ahi non mo perdia, especialmente pola empanada que polo que vexo puxestevos morados dela, saudinhos pra todos rabunheses!!..
Noraboa os organizadores!!!!!!