Este domingo, 24 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño celebrará a súa tradicional andaina ao Pozo Bastón. É gratuíta, non necesita apuntarse e sae ás 9 da mañá do hórreo do Araño.
Fotos da andaina ao Pozo Bastón 2016
2 OutUn ano máis, a Asociación de Veciños do Araño organizou unha andaina dende o hórreo máis grande do mundo ata o Pozo Bastón. Con 10 minutos de atraso sobre a hora da saída, as 9 da mañá, uns 65 veciños e visitantes animados pola marcha comezaron a ruta para combater o fresco da mañá. Polo medio do camiño fóronse unindo máis veciños, ata completar en total as 75 persoas. Velaquí algunhas fotos da cita.
V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño
21 AgoComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.
A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉
Camiñata ata o Pazón Bastón do Araño (2014)
4 OutO pasado domingo 28 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño (a única que existe en Rianxo), organizou por cuarto ano consecutivo unha camiñata ata o pozo Bastón de Buía. Ao final, xuntáronse preto de 50 persoas, polo que ano a ano vai collendo pulo a iniciativa. Saíuse pasadas as 9.20 da mañá, xunto ao hórreo máis longo do mundo, e chegouse á fervenza a iso das 11.10 horas. Aquí deixamos unhas fotos do que deu de si a mañá, pero tedes moita máis en Rabunho Rexeita, co avituallamento e todo.