Tag Archives: camiñata

Marcha protesta pola supresión do autobús dende Isorna ao instituto

7 Nov
instituto

Imaxe de Google

Mañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.

Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.

Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.

Camiñata ata o Pazón Bastón do Araño (2014)

4 Out

30092014-caminhata_aranho 006

O pasado domingo 28 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño (a única que existe en Rianxo), organizou por cuarto ano consecutivo unha camiñata ata o pozo Bastón de Buía. Ao final, xuntáronse preto de 50 persoas, polo que ano a ano vai collendo pulo a iniciativa. Saíuse pasadas as 9.20 da mañá, xunto ao hórreo máis longo do mundo, e chegouse á fervenza a iso das 11.10 horas. Aquí deixamos unhas fotos do que deu de si a mañá, pero tedes moita máis en Rabunho Rexeita, co avituallamento e todo.

Seguir lendo