Tag Archives: autobús

Marcha protesta pola supresión do autobús dende Isorna ao instituto

7 Nov
instituto

Imaxe de Google

Mañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.

Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.

Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.