Camiñata ata o Pazón Bastón do Araño (2014)

4 Out

30092014-caminhata_aranho 006

O pasado domingo 28 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño (a única que existe en Rianxo), organizou por cuarto ano consecutivo unha camiñata ata o pozo Bastón de Buía. Ao final, xuntáronse preto de 50 persoas, polo que ano a ano vai collendo pulo a iniciativa. Saíuse pasadas as 9.20 da mañá, xunto ao hórreo máis longo do mundo, e chegouse á fervenza a iso das 11.10 horas. Aquí deixamos unhas fotos do que deu de si a mañá, pero tedes moita máis en Rabunho Rexeita, co avituallamento e todo.

paseo (1) paseo (2) paseo (3) paseo (4) paseo (5) paseo (6)

Como vedes, a auga non falta no Araño 🙂paseo (7) paseo (8) paseo (9) paseo (10) paseo (11) paseo (12) paseo (13) paseo (14) paseo (15) paseo (16)

Sinalar que dende Arousa Norte limparon o día anterior o acceso, a abriron unha nova variante. Menuda baixadiña. Aínda que non o pareza, era bastante inclinada e polo medio había un rego: paseo (17) paseo (18) paseo (19) paseo (20) paseo (21)

Fermosísimo o lugar do pozo Bastón: paseo (22) paseo (23) paseo (24) paseo (25) paseo (26) paseo (27) paseo (28)

Comentar que grazas ao presidente da Asociación, Luis, descubrín que pola zona abundan as abeleiras e ata se pode ver como no chan hai abelás. Pequenas, pero abelás:

caminata_avelas caminata_avelas_2

Á volta regresouse por outro camiño, moito máis sinxelo, pero da auga non nos libramos:

paseo (29) paseo (30) paseo (31)

Velaquí o meu pai, con Manuel Sóñora, da Ermida, antigo garda ríos. Aquí estalle a amosar a súa acreditación como comuneiro e tamén un permiso de armas curtas:

paseo (32)

E velaquí o descanso do guerreiro. Un estupendo avituallamento con refrescos, viño e empanadas: paseo (33) paseo (34) paseo (35)

Comentar que aproveitamos para ver a nova pista deportiva da parroquia, na que aínda faltan as porterías e demais:

paseo (36)

Iso si, o primeiro en estrear a zona foi un coche facendo trompos. Un pouco de civismo coas zonas públicas e de todos os veciños nunca sobra, porque este tipo de proxectos son custosos:

paseo (37)

De volta xa cara á igrexa do Araño: 
paseo (38) paseo (39) paseo (40)

Hora aproximada de chegada: 13.20 horas.

30092014-caminhata_aranho 175

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: