Este domingo, 24 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño celebrará a súa tradicional andaina ao Pozo Bastón. É gratuíta, non necesita apuntarse e sae ás 9 da mañá do hórreo do Araño.
Trátase dunha ruta de ida e volta, polo que se calcula que o regreso será ás 13.00 horas. Ademais é unha andaina para todos os públicos, polo que que a poden facer tanto maiores como pequenos e incluso hai quen leva can.
O único que piden dende a Asociación de Veciños é levar un calzado adecuado, xa que hai pistas de terra.
Deixar unha resposta