Este sábado 25 de xuño, pola noite, terá lugar unha iniciativa moi curiosa. Está organizada polo Club Barbantia Roda, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Sairase ás 23.00 horas de Campo Maneiro (Taragoña) e regresarase ao mesmo lugar despois de andar uns 10 quilómetros.
Os organizadores piden levar unha lanterna, un farol ou un facho sen lume, para ir caracterizado como se todo o grupo fora a Santa Compaña ou incluso levar unha capucha. Ademais, ao final farán unha queimada para afastar os malos espíritos.
Se te animas, manda un correo a barbantia.deporte@gmail.com ou a deportes@concelloderianxo.gal
Tamén te podes poñer en contacto cos teléfonos 629869217 ou 981866381.
Deixar unha resposta