Roteiro Goza do Ulla en Rianxo

21 Ago

Continuamos cas andainas neste mes de agosto (como se nota que no verán nos gusta saír da casa). O sábado 29 de agosto de aproximadamente, dentro do programa Goza do Ulla 2015 terá lugar unha ruta duns 12 km (4 horas aproximadamente).

Realizarase a chamada “Ruta dos Campiños”, saíndo xunto ao instituto de Rianxiño e pasando polos gravados da “Foxa Vella” e a necrópole de “Os Campiños”, rematando no petróglifo de “Os Mouchos” xa preto da praia de Cunchas. Como indican dende o Concello, “ao longo do roteiro poderase disfrutar das vistas á ría de Arousa, enseada de Rianxo e desembocadura do Ulla. Trátase, polo tanto, dun roteiro que mestura xoias arqueolóxicas e patrimoniais con paisaxes únicas galegas”.

Non sabemos a hora de saída, polo que os interesades debedes avisar no correo turismo@concelloderianxo.gal ou ben nos teléfonos 667 185 576 ou 981 86 66 81. A inscrición remata o venres 28 de agosto ás 13:00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: