Grave atentado ó patrimonio rianxeiro

25 Ago

_MG_4373

Pasaba das nove da noite cando Juan Carlos Collazo, gran coñecedor no patrominio rupestre rianxeiro, nos alerta de que os petróglifos dos Mouchos foran salvaxemente danados. Unha obra con miles de anos de antigüidade, de gran valor cultural, histórico e artístico, foi estragada só co obxectivo de facer mal.

Rapidamente decidimos achegarnos ata alí, e o panorama é totalmente desolador. Como podedes apreciar nas fotografías, as dúas laxes de abaixo foron debuxadas con pintura branca, o cal ten difícil solución, pois non se poderán usar líquidos que laven a pintura sen estragar os gravados.

_MG_4376 _MG_4377

Juan Carlos Collazo, Xusto Xosé Ordóñez (concelleiro de Deportes e Patrimonio do Concello) e eu mesmo non podíamos dar crédito ao que pasara. Estabamos ante unha das estacións petroglíficas máis importantes  de toda Europa polo gravados que conteñen, si, en Rianxo. E en lugar de apreciar o valor que ten isto, hai vándalos que se adican a atentar contra un xacemento dese tipo.

En situ, procedeuse a informar do suceso a Patrimonio. Ademais, ó longo de hoxe pola mañá procederase a informar tamén ó Seprona para cursar a denuncia correspondente.

_MG_4379 _MG_4382 _MG_4383

A verdade, é que non podemos atopar unha resposta nin unha razón ante semellante atentado contra o legado patrimonial de todas e todos nós. Agardemos que pronto se poida saber a autoría de tales feitos e que polo ben da historia esto teña unha solución que nestes intres, polo menos ó meu ver, ten difíil solución.

O dito, un día triste o de onte para os rianxeiros. Non deixas de preguntarte por que alguén faría iso. E, sobre todo, se ao final ten sentido dar a coñecer onde está os petróglifos e as mámoas de Rianxo, xa que se ao final o resultado vai ser este, é mellor que sigan escondidas. Alomenos aseguramos que sigan intactas uns anos máis e non que persoas deste tipo estraguen unha parte tan importante da nosa historia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: