Os Irlandeses de Rianxo gañan o I Torneo de Rugby Praia celebrado no noso concello

25 Ago

Rubgy 001

O pasado sábado, 22 de agosto, celebrouse no areal de Tanxil o I Torneo de Rugbi praia de Rianxo, onde participaron distintos equipos de toda Galicia, ao tempo que se contaba cun clube local, Os Irlandeses. Había equipos femininos e masculinos e, a pesar de que o tempo facía pensar que non se podería xogar, ao final disputáronse todos os partidos nun moi bo amabiente.

Rubgy 006

Trátase dun deporte minoritario en Galicia pero que está a coller pulo e, polo que vemos, a pesar da súa dureza, os que o proban quedan enganchados. Ademais, na nosa comunidade contamos cun equipo feminino na máxima categoría, na División de Honra, o CRAT Universidade da Coruña, que tamén ten representación na División de Honra B masculina. Alí tamén está un equipo que as tempadas anteriores estaba entre os mellores, o Blusens Universidade de Vigo R.C. En Rianxo estivo tamén o seu adestrado, Norm Maxwell, antigo All Black, e que detrás ten unha historia moi curiosa, na que se pode apreciar o seu amor por este deporte.

Rubgy 008

No torneo desputado en Rianxo, tanto na categoría masculina como na feminia participaron os Ingleses de Vilagarcía, os Irlandeses de Rianxo, o Barbanza, Pementos, Keltia de Ourense e Mareantes.

Rubgy 009

Velaquí podedes ver en acción a Maka Tatafu, natural de Tonga (Oceanía), que xogou no seu día na máxima división do rugbi neozelandés e que o ano pasado foi o segundo deportista con máis ensaios na División de Honra española, co Blusens Universidade de Vigo. 118 quilos nun corpo de 1,82 metros de estatura. Puro músculo e enerxía. Aquí veu xogando cos do Keltia, pero este ano igual se vai xogar co Getxo, á primeira división. Rubgy 010 Rubgy 012 Rubgy 014 Rubgy 016 Rubgy 022 Rubgy 023 Rubgy 027 Rubgy 029 Rubgy 035 Rubgy 040

Nestas imaxes podedes ver a final feminina. Foi atípica porque, por falta de xente, se fixeron equipos mixtos.
Rubgy 046

Gañaron as xogadoras dos Ingleses de Vilagarcía, impoñéndose aos do club Barbanza. Rubgy 047 Rubgy 048 Rubgy 050 Rubgy 051

Esta rapaza, onde a vedes, a pesar de ser a máis pequena das que xogaron, foi unha das máis activas. Non só placaba rivais, senón que incluso conseguiu dous ensaios, demostrando que a velocidade e a axilidade son tamén unha arma moi importante no rugbi. Rubgy 054 Rubgy 060 Rubgy 062 Rubgy 067 Rubgy 070

Os rapaces que a semana pasada participaron no Campus organizado pola Federación Galega de Rugbi, e que tivo lugar entre o Pazo de Rianxiño e o Instituto Félix Muriel, tamén xogaron en Tanxil. Rubgy 077 Rubgy 078 Rubgy 085

Os nenos recibiron o aplauso do público e o recoñecemento da Federación.

Rubgy 090

Estas xa son imaxes correspondentes á seminifinal do torneo masculino, onde gañaron os Pementos. Rubgy 095 Rubgy 096 Rubgy 098 Rubgy 100 Rubgy 105 Rubgy 111 Rubgy 115 Rubgy 121

Momento da entrega das medallas aos rapaces participantes no Campus. Rubgy 130 Rubgy 132 Rubgy 133 Rubgy 135 Rubgy 138 Rubgy 140 Rubgy 146

E aquí xa a gran final, entre os Irlandeses de Rianxo e o Keltia de Ourense. Os nosos son os de verde e laranxa, patrocinados polo Toffe, o Gallaecia e a Parrillada Ourense. Rubgy 149

E aquí o rivais, tamén unidos antes de comezar o encontro decisivo. Rubgy 151 Rubgy 154 Rubgy 158

Os xogadores pelexaron todos e cada un dos balóns con grande intensidade. Rubgy 159

Un xogador do Keltia anotando un ensaio:
Rubgy 160 Rubgy 164

E aquí un dos nosos sendo parado por un xogador do Keltia pouco antes da liña de anotación. Rubgy 168 Rubgy 172 Rubgy 173 Rubgy 180 Rubgy 184 Rubgy 185 Rubgy 187 Rubgy 197 Rubgy 201 Rubgy 208 Rubgy 211 Rubgy 217

A pesar da súa experiencia e dos grandes xogadores que tiñan, os do Keltia vían como os Irlandeses ían por diante no marcador.

Rubgy 221 Rubgy 222

E aquí xa o encontro final. Coma sempre, abrazos e felicitacións entre os rivais, que non deixan de ser amigos. Rubgy 228 Rubgy 229 Rubgy 232 Rubgy 234

Aquí a foto de familia entre todos os participantes: Rubgy 240 Rubgy 242

O equipo subcampión, o Keltia de Ourense:
Rubgy 249

Momento da entrega dos trofeos. Neste caso, con Vannesa Martínez, concelleira do PP en Rianxo:Rubgy 257

María Jesús Galbán, do PP, fai entrega tamén dun dos galardóns:Rubgy 261

Rubgy 268 Rubgy 272

Norm Maxwell, antigo All Black e adestrador do Vigo, coa representante do equipo gañador feminino: Rubgy 280

E aquí Hadrián Otero, dos Irlandeses de Rianxo, con Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, na entrega ao gañador do torneo na categoría masculina: Rubgy 285 Rubgy 292

Momento da celebración. E a falta de cava, boa tamén é a cervexa: Rubgy 299

Aquí os campións, que xusto a comezos de agosto tamén se impuxeron no V Torneo Internacional Rugbi Praia Vila de Boiro. É xente ben dura. Como poñen na súa camiseta por atrás: “Non nos pariron, talláronnos en pedra”. Rubgy 311

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: