Nespras asiáticas en Taragoña

26 Ago

Diferenza de tamaño entre unha avespa normal e a asiática. Fonte http://www.telecinco.es

Dende Taragoña, en concreto dende o lugar do Montiño, unha lectora do blog, Verónica, acaba de avisarnos de que descubriron un niño de nespras asiáticas. Por ese motivo, e mentres non se retire do lugar, os veciños andan con bastante medo. De feito, Verónica indícanos que “tocaremos a todalas portas que sexa necesario para que nos quiten o antes posible ese perigo de onda nós”.

De feito, xa denunciaron a presenza do niño a semana pasada, cando “dúas veciñas das Barreiras se percataron de que diante das súas casa había avespas asiáticas”. Nese momento avisaron á Policía Local, segundo nos comenta Verónica. Esta presentouse no lugar, tomaron parte e deulles o número de teléfono para chamar ao Seprona. O problema, segundo Verónica, é que “hoxe o niño segue alí, sen recibir visita algunha de ningunha autoridade competente nin expertos”.

Contactados con nós, tanto a Policí Local como a Alcalcía comunicáronnos que a administración competente neste caso é Medio Rural, que ten contratada a empresa Tragsa para a retirada destes avespeiros.

Así, Adolfo Muíños, asegurounos que “o concello, seguindo o protocolo establecido en toda Galicia, avisou desde un primeiro momento ao 012 da Xunta, Medio Rural, que pon en marcha cunha empresa especializada a retirada do niño. Isto é como se actúa en todos os lugares. Agora é a empresa e a Xunta as que actuarán dependendo do seu calendario. Fontes de Medio Rural falan dunha semana para intervir”.

É dicir, que como moi rápido a retirada tería lugar a finais desta semana. Non obstante, para Verónica e para os veciños do Montiño o prazo é demasiado longo. En primeiro lugar quéixanse da falta de información, porque “ninguen máis deu resposta, o niño está ao carón das casas, vense as súas inquilinas pacer ás súas anchas, e a verdade é que sentimos medo e desconfianza”.

O niño, do cal non temos fotos, está nunha árbore ao pé dunha casa, segundo nos explica Verónica. Tamén hai unha tenda próxima, polo que se trata dun lugar de tránsito normal para os veciños, de aí o medo. Por outra banda, Verónica tamén nos comenta que onte falou coa tenente de alcalde, quen lle dixo “que se ían mover dende o Concello para axilizar as cousas”. Agardemos, pois, que se retire o antes posible e todo quede nun susto.

2 Respostas a “Nespras asiáticas en Taragoña”

  1. Helena Villar Janeiro 08/26/2015 ás 19:53 #

    Graciñas pola difusión e lamentamos a lentitude administrativa en retiralo.

Trackbacks/Pingbacks

  1. 150.000 visitas durante o 2015 | Fotos de Rianxo - 01/03/2016

    […] Nespras asiáticas en Taragoña: 1.808 visitas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: