O pasado sábado deu por finalizado o XI Ciclo de Bandas coa actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo, acompañada polo grupo Carapaus.
O concerto, en principio ía ser na praza de Castelao pero, debido ás inclemencias meteorolóxicas, tivo que ser trasladalo ó auditorio rianxeiro onde, unha vez máis, e pola gran expectativa que atraía o evento, as entradas se esgotaron apenas 5 minutos despois de abrirse o prazo para recollelas. Mágoa que o auditorio non teña máis capacidade, pois foi moitísima a xente que quedou sen poder desfrutar do concerto.
Mentras os músicos e os bailaríns se preparaban nos camerinos, a xente xa se arremuiñaba nos accesos ó auditorio.
Agardemos ver de novo este magnífico espectáculo e que, desta vez, poida ser ó aire libre e non quede ninguén sen poder desfrutar da boa música e mellor ambiente.
Queremos, por último, agradecer tanto a Carapaus como á Banda da Escola de Música de Rianxo todas as facilidades que nos prestaron para poder fotografar o evento.
Deixar unha resposta