Así foi o comezo das escolas do Barbanza Rugby Club

2 Xul

rugby_nenos (23)

O 25 de xuño as escolas do Barbanza Rugby Club comezaban a súa andaina en Rianxo, en concreto na parroquia de Asados, onde terán terán a súa base. De feito, adestrarán e xogarán no Campo de Fútbol da Santa Lucía. Non obstante, en Vilas foi onde tivo lugar a inauguración das escolas deportivas deste club que busca por riba de todo fomentar os valores, o respecto e o campañeirismo.

De feito, adestrarán en Vilas mentres o Concello de Rianxo acondiciona as instalacións da Santa Lucía, con novo alumeado, luz e vestiarios. A Concellería de Deportes foi quen se moveu para traer aos do Rugby Barbanza ata Rianxo, e quen conseguiu un convenio coa Comunidade de Montes de Asados, que cedeu o campo durante uns anos para usos deportivos. A verdade é que é unha moi boa noticia que dende Rianxo haxa está implicación deste xeito co deporte. Ao tempo, dende o clube pintarán o recinto e tamén se encargarán de facer unhas porterías de rugby para o campo.

rugby_nenos (1)

Os que desexen apuntarse, poden facelo contactando co club no correo barbanzarugbyclub@gmail.com ou no móbil 651.075.832, onde vos atenderá Siso, o presidente da entidade.

rugby_nenos (2)

Teño que dicir que os nenos o pasaron en grande. Non pararon de correr, de rir e de desfrutar coas actividades da profesora.

rugby_nenos (3)

rugby_nenos (4)

rugby_nenos (5)

rugby_nenos (6)

rugby_nenos (7)

rugby_nenos (8)

rugby_nenos (9)

rugby_nenos (10)

A sintonía entre os cativos e a monitora foi total. Ademais, o nivel está moi alto, xa que contan con Elsa Porto Vieiros, que ademais de xogadora do CRAT Coruña foi ao Mundial de París 2014 coa Selección Española. O dito, que non poden ter mellor mestra.

Ademais, aproveitamos para comentar que Vanessa Rial, tamén do CRAT e veciña de Bealo, está clasificada para xogar os Xogos Olímpicos de Río, polo que está visto que no Barbanza o rugby pode ter unha canteira moi potente.

rugby_nenos (11)

rugby_nenos (12)

rugby_nenos (13)

rugby_nenos (14)

rugby_nenos (15)

rugby_nenos (16)

rugby_nenos (17)

rugby_nenos (18)

E aquí vedes o ben que o pasaron os pequerrechos dando chimpos sobre o campo.

rugby_nenos (19)

rugby_nenos (20)

rugby_nenos (21)

rugby_nenos (22)

rugby_nenos (23)

rugby_nenos (24)

rugby_nenos (25)

rugby_nenos (26)

rugby_nenos (27)

rugby_nenos (28)

rugby_nenos (29)

rugby_nenos (30)

Outros que se estreaban neste deporte eran os mozos.

rugby_adolescentes (1)

Hadrián Otero, veciño de Rianxo, foi o encargado de dirixir os adestramentos.

rugby_adolescentes (2)

Pero como adestrador de nivel tamén estivo o arxentino Nicolás Pooli, xogador tamén do CRAT Coruña.

rugby_adolescentes (22)

No caso dos adolescentes, de novo os grupos foron mixtos, para fomentar o compañeirismo e dar boa conta de que nos deportes o único que conta son as ganas e a enerxía.

rugby_adolescentes (3)

rugby_adolescentes (4)

rugby_adolescentes (5)

Houbo moita toma de contacto co balón, aprendendo a collelo e a lanzalo.

rugby_adolescentes (6)

rugby_adolescentes (7)

E, sobre todo, fixeron fincapé nos pases e na necesidade de xoga en equipo.

rugby_adolescentes (9)

rugby_adolescentes (10)

Tamén tiveron tempo de probar o corpo a corpo, centrándose na importancia de esquivar o adversario mantendo o balón escondido.

rugby_adolescentes (11)

rugby_adolescentes (12)

rugby_adolescentes (13)

rugby_adolescentes (14)

rugby_adolescentes (15)

rugby_adolescentes (16)

rugby_adolescentes (17)

rugby_adolescentes (18)

rugby_adolescentes (19)

A algún, como vedes, o sábado pola mañá sobráballe enerxía e ganas 🙂

rugby_adolescentes (20)

rugby_adolescentes (21)

 

rugby_adolescentes (23)

rugby_adolescentes (24)

rugby_adolescentes (25)

rugby_adolescentes (26)

Para os adultos non era loxicamente a primeira toma de contacto co balón.

Moitos aproveitaban incluso os momentos anteriores ao comezo do adestramento para practicar.

rubgy_adultos_01

rubgy_adultos_02

rubgy_adultos_03
rubgy_adultos (1)

rubgy_adultos (2)

rubgy_adultos (3)

rubgy_adultos (4)

rubgy_adultos (5)

rubgy_adultos (6)

Antes do comezo, todos os xogadores fixeron unha piña e gardaron un minuto de silencio na honra da nai dun deles, que faleceu hai pouco.

rubgy_adultos (7)

rubgy_adultos (8)

Comentar que no Club Rugby Barbanza ademais de xente de Rianxo, hai xogadores de Boiro, Ribeira, Porto do Son, Outes, Santiago e moitos outros concellos.

rubgy_adultos (9)

rubgy_adultos (10)

Neste caso, o adestrador, Suso “O Francés”, non tivo piedade. Xa abertiu dende o minuto 1 que non quería bromas, que ían adestrar duro e con intensidade e abofé que así foi.

De feito, os erros eran castigados con abdominais.

rugby_adultos (2)

E igual me engano, pero de 200 abdominais non baixaron. Vendo referencias na prensa, Suso é un adestrador que realmente consegue non só motivar, senón moi bos resultados, mellorando o nivel da súa xente.

rugby_adultos (3)

Practicaron con intensidade os pases.

rugby_adultos (4)

rugby_adultos (5)

Os sprints e as carreiras.

rugby_adultos (6)

rugby_adultos (7)

rugby_adultos (8)

rugby_adultos (9)

rugby_adultos (10)

rugby_adultos (11)

rugby_adultos (12)

rugby_adultos (13)

A coordinación e o xogo en equipo.

rugby_adultos (14)

rugby_adultos (15)

rugby_adultos (16)

rugby_adultos (17)

rugby_adultos (18)

rugby_adultos (19)

rugby_adultos (20)

rugby_adultos (21)

rugby_adultos (22)

rugby_adultos (23)

rugby_adultos (24)

rugby_adultos (25)

E, sobre todo, suaron a camiseta, porque non pararon nin un minuto.

A verdade é que foi un gusto poder desfrutar desta primeira sesión de adestramentos das escolas infantís convidados polo Club Rugby Barbanza, ao tempo que puidemos ver o bo nivel dos adultos. Certamente non é un deporte moi estendido en Galicia, pero cremo que esta asociación está a facer as cousas moi ben e que os resultados se verán no futuro. Ademais, en contra da crenza popular, non é un deporte violento. Ao contrario, hai regras moi estritas sobre o que se pode facer ou non, como ten que ser o contacto corpo a corpo e sempre hai un respecto máximo entre os adversarios, algo que se ve en poucos deportes.

rugby_adultos (26)

rugby_adultos (27)

rugby_adultos (28)

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: