Velaquí as fotos que nos quedaban de San Pedro de Vilas. Como o tiro con corda:
Tag Archives: San Pedro de Vilas 2014
Lanzamento de alpacas, esquí montuno e outros deportes olímpicos en San Pedro de Vilas
28 XuñUn ano máis, hai que felicitar a Comisión de Festas de San Pedro de Vilas polo estupendo traballo que fan. É unha celebración nun marco incomparable, pero que moitos rianxeiros aínda non coñecen pola propia localización do lugar, pero que paga a pena visitar e vivir, porque hai un ambiente inmellorable. Ademais, a organización gastou máis de 2.000 euros en actuacións musicais, o que amosa o traballo e o esforzo realizado.