San Pedro de Vilas 2016

24 Xuñ

Este sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.

Ás 12.30 dará inicio a misa cantada, e ás 13.00 horas a sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma.

Despois de facer a dixestión, a iso das 18.00 horas, empezarán os xogos populares, coa tradicional competición de lanzamento de alpacas.

E antes incluso de que chegue a noite, comezarán as actuacións músicais, co prato forte de Caxade ás 20.00 horas. A continuación virán Delacruz Show, Familia Caamagno, Fillos do Estramonio e DJ Enxebre.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: