Aínda que Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá, dende hai anos vive no noso municipio. E en Rianxo será onde a Asoaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) lle renda unha homenaxe pola súa traxectoria o sábado 25 de xuño durante todo o día.
Tratáse da “Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra”, que chega á súa XXII edición e que, nesta ocasión, recae na figura da lucense afincada en Leiro. recaendo na figura de Helena Villar Janeiro, que será homenaxeada no Concello de Rianxo, a terra que ela elixiu para vivir os solpores da ría de Arousa.
O evento, no que se recoñece a “entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo”, comezará precisamente ás 11.30h en Sete Fogas, para descubrir o monumento de pedra.
Tras este momento e a plantación da árbore, irase ata Cuartel Vello, onde intervirán diferentes membros da AELG, o alcalde de Rianxo, ao tempo que Mónica Campo realizará unha laudatio, que será respondida pola propia homenaxeada.
Para rematar, indicar este acto recae nun escritor, e que en edicións anteriores os merecedores deste galardón foron nomes como Manuel María, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra ou Luz Pozo Garza.
Moitas grazas, amigos de “Fotos de Rianxo” por esta información. Son unha ancaresa que atopou en Rianxo a segunda matria e que estou moi contenta de tela atopado.