A primeira conclusión vendo os resultados das eleccións xerais en Rianxo (100% escrutado) é que o PP aumenta sensiblemente o seu número de apoios e a segunda é que hai un certo desencanto da política, xa que baixou a participación en 387 votantes. Tres de cada dez rianxeiros decidiron non acudir ás urnas.
O Partido Popular pasou do 32,18% dos vostos ao 36,41% máis con 162 papeletas máis que hai seis meses, polo que a subida foi moi grande, tendo en conta tamén a baixada da partipación.
O PSOE recupera a súa posición (hai que lembrar que nas anteriores foi a terceira forza), pasando do 22,2% ao 24,96% dos sufraxios e 102 votos máis. Un resultado tamén moi bo, tendo en conta que os socialistas baixaron a nivel estatal
Podemos-En Marea foi o gran perdedor da noite en Rianxo, xa que baixa sensiblemente os seus apoios: do 27,1% ao 23,5%, deixando polo camiño 333 votos.
Outra das sorpresas é que Ciudadanos é o cuarto partido máis votado (da outra vez foi o quinto), pasando do 6,24% ao 6,75%, con 11 votos máis.
E o BNG (partido que goberna en Rianxo), deixa de ser a cuarta forza nas xerais. Foi o outro gran perdedor da noite nas xerais, pasando do 9,6% dos apoios ao 6,28%. Con Podemos-En Marea son as dúas grandes formacións que perden votos. No caso dos frentistas, 252 papeletas.
Se sumamos os votos do centro-dereita (Ciudadanos e PP), vemos que obterían 2.832 apoios, mentres que os grupos de esquerda (PSOE, Podemos e BNG) conseguirían 3.592 votos.
Velaquí os resultados da noite:
E os resultados en decembro de 2015:
Así es en la Democracia. Un saludo desde Brasil.
Desculpe, meu comentário deveria ser em português. Um abraço.