Tag Archives: libro

Presentación de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía”, de Axeitos

23 Ago

O pasado sábado, 19 de agosto, presentouse en Rianxo o último libro do noso veciño Xosé Luís Axeitos. O membro da Real Academia Galega estivo acompañado polo alcalde, Adolfo Muíños, polo director de Xerais, Manuel Bragado, e polo escritor  Anxo Angueira. Ademais, moitos veciños estiveron no Auditorio para coñecer de primeira man a biografía do chamado poeta do mar, titulada Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.

Seguir lendo

Advertisements

Polémica a conta dun libro sobre Faustino Rey Romero

9 Xul

A finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.

O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.

presentacionlibro

Seguir lendo