Tag Archives: biografía

Presentación do libro “Arcos Moldes, mestre sen escola”

10 Mar

O pasado sábado, 4 de abril, tivo lugar no auditorio de Rianxo a presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola. Trátase dunha revisión, máis detallada e con máis información da biografía publicada en 1994 por Xosé Comoxo e por Xesús Santos. Levaban varios anos traballando nesta obra, que agora ve a luz grazas á Deputación da Coruña e ao Concello de Rianxo.

Seguir lendo

Advertisements

Polémica a conta dun libro sobre Faustino Rey Romero

9 Xul

A finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.

O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.

presentacionlibro

Seguir lendo

Falece o mestre e articulista Manuel Dourado

26 Dec

Acábome de enterar de que hoxe morreu Manuel Dourado.

douradook

Era unha persoa moi coñecida en Rianxo, pero non está de máis comentar quen era segundo recolle na súa autobiografía. No seu facebook recolle o seguinte: “Son fillo de labregos. Como Autodidacta, despeguei ao luminoso mundo da Cultura a travén da música. Estudos medios, Maxisterio, e Dereito. Nunca exercín como avogado: chocaba coa miña ética. Exercín Maxisterio durante 3 xeracións”.

Naceu no Araño o 30 de agosto de 1929, no seo dunha humilde familia labrega. El mesmo practicou a labranza na casa de seus pais ata a súa xuventude.

Intentou estudar dun xeito autodidacta, para o que tivo que procurarse medios materiais mínimos para facer fronte aos custos que ese afán conlevaba. Por ese motivo percorreu Galicia, coma músico de aldea, tocando en bandas e orquestras populares para se poder pagar os estudos.

Despois dun Ensino Primario rudimentario, fragmentado polas fatídicas incidencias da Guerra Civil do 36, superou esas carencias con don José Bandín Figueira, Mestre sen oposición que recalou en Asados. A este Mestre debe a apertura das vías que o levaron aos estudos de Bacharelato, nos que se graduou con Premio Extraordinario, e de Maxisterio en Santiago de Compostela, carreira que simultaneou cos estudos na Facultade de Dereito que lle permitiron obter tamén o título de Licenciado en Dereito pola Universidade Compostelá. A súa vocación predominante foi a docencia, á que se dedicou con verdadeiro apaixonamento creativo. A outra gran paixón é a de escribir. As circunstancias fixeron que se decantase moi especialmente polo periodismo, particularmente o xornalismo de opinión.

Colaborou en La Noche, de Santiago. A partir de 1970, simultaneou periodismo de información co de opinión en El Faro de Vigo e La Voz de Galicia, sobre temas das populosas comarcas do Barbanza e A Arousa, que abranguían desde Sanxenxo a Muros. Algúns dos seus máis polémicos comentarios sobre a realidade socio-política imperante tiveron bastante repercusión na Galicia da Diáspora arxentina (periódico Galicia, do Centro Gallego de Bos Aires) e nas emisións radiofónicas do programa dominical Sempre en Galiza patrocinado polo Padroado de Cultura Galega de Montevideo.

Tamén foi colaborador habitual de El Correo Gallego e de Galicia Hoxe, tarefa que simultaneou como membro do Consello de Redacción de Encrucillada, Revista Galega de Pensamento Cristián, onde publicou algúns estudos. Foi galardoado co premio de xornalismo Ruta Xacobea 1991. Publicou o libro Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida) (Sotelo Blanco Edicións, S.L., 1999). Un segundo libro sobre Maruxa Villanueva, unha Galega de excepción, que se titula A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, en 2009.

Información sacada da web da Asociación de Escritores en Lingua Galega