A finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.
O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.
A nosa idea inicial era non publicar nada disto, porque cremos que seguramente detrás hai un malentendido e cremos que é unha mágoa que dúas personalidades tan importantes para Rianxo teñan este tipo de desavinzas. Pero como se publicaron nun xornal moi difundido na comarca, simplemente reproducimos o seu contido. Agardamos, iso si, que un día se senten a falar, que se arranxe todo e que todo isto quede nunha simple anécdota.
eu estaba alí e sentín o mesmo que meu irmá; non fomos os únicos; familiares e non familiares coincidimos nunha lectura similar; no meu caso, as estocadas van moi ao fondo e ahí se quedan; meu irmá arrancouna e púxolle voz pública.