Esta fin de semana, o campo de fútbol de Vilas, en Asados, acolleu o mellor fútbol. Os rapaces que seguramente nuns anos estean a xogar nas categorías superiores do fútbol, nos equipos máis recoñecidos e nas competicións máis esixentes, pasaron por aquí para deleitarnos co seu fútbol.
Como sabedes, competiron equipos da comarca e outros de gran nivel nacional e internacional, como o Porto, Arenas de Bilbao, Villareal, Deportivo, Celta, Racing de Ferrol, Lugo…
A resposta do público, a pesar do mal tempo, foi moi boa e viviuse un xogo de moito nivel. Velaquí os gañadores por categorías:
1º clasificado Prebenxamíns: Atlético de Ribeira
1º clasificado Benxamín: Rayo Vallecano
1º clasificado Alevín: Rayo Vallecano
En canto aos premios polas rifas que se fixeron, aquí tedes os números gañadores e os seus premios:
Camiseta de Adrián Armental (padriño do torneo e xogador do Coruxo): nº 0248
Camiseta de Iker Casillas (Porto): nº 0218
Camiseta do Vilarreal (asinada polo primeiro equipo): nº 0243
Camiseta do RC Vigo: nº 0357
Camiseta RC Deportivo da Coruña: nº 0144
Dous billetes de avión con Turkish Airlines: nº 0071
Felicidades de novos aos organizadores, que de seguro que xa están a pensar na seguinte edición!
Deixar unha resposta