O Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.
Xuntanza de Asados 2014
6 Ago
Calquera tempo pasado foi mellor! Así nos comeza explicando Merchi Pimentel de que se trata a “Xuntanza de Asados”, que este ano celebrou a terceira edición. A idea, certamente é moi boa, xa que “xurdiu dun encontro de amigos e amigas da infancia de entre os cales algúns, por distintos motivos, viven fora da “tribu” (Asados)”. Así que agora, unha vez ao ano, intentan quedar e lembrar vellos tempos.
Lanzamento de alpacas, esquí montuno e outros deportes olímpicos en San Pedro de Vilas
28 XuñUn ano máis, hai que felicitar a Comisión de Festas de San Pedro de Vilas polo estupendo traballo que fan. É unha celebración nun marco incomparable, pero que moitos rianxeiros aínda non coñecen pola propia localización do lugar, pero que paga a pena visitar e vivir, porque hai un ambiente inmellorable. Ademais, a organización gastou máis de 2.000 euros en actuacións musicais, o que amosa o traballo e o esforzo realizado.
III Romería Popular
27 MaiEste pasado sábado 24 celebrouse a III Romería Popular no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Xa dende as 10 da mañá as actividades para cativos e non tan cativos sucedéronse nas pistas deportivas do colexio.
A inspiración do escudo de Castelao
12 DecComo sabedes, as comezos do século XX, Castelao fixo unha proposta para o escudo de Galicia, na que incorporaba a frase “Denantes mortos que escravos” (utilizada polos polos membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806). Pois ben, boa parte da inspiración deste escudo chegoulle de dous escudos que hai en Rianxo. Sabedes cales son?
Partido Cesures-Unión Prebenxamíns
19 NovO sábado 16 de novembro, disputouse en Pontecesures o primeiro partido de liga dos prebenxamíns do Unión de Asados. Ás 13:15 do mediodía comezaba o encontro Cesures-Unión.
Nun partido entretido e non falto de polémica (expulsión do adestrador do Unión), o ambiente foi moi bo e os pequechos tanto do Cesures como os do Unión pasárono xenial e desfrutaron dunha xornada futbolística de moitísimo nivel, tendo en conta a curta idade que teñen estes cativos.
Mala cobertura móbil a raíz do incendio de Asados
7 OutEs de Asados ou do Araño e tes mala cobertura móbil dende hai unhas semanas? Entó é que tes o móbil con Vodafone ou con algún outro operador que vai pola súa redes, como móbilR ou Pepephone.
Arte ou cousa de feitizos?
10 AgoHai tempo, paseando pola ribeira do río Te na zona de Asados e xusto á altura de Carballal, entrei nun dos múltiples muíños abandonados que hai en Rianxo. Alí atopei isto que podedes ver:
Non sei se o vedes como parte dun ritual ou ben como un proxecto artístico. A verdade é que a min me descolocou bastante. Todas as pedras, tanto a central como as do lado estaban perfectamente colocadas e pintadas de dourado. Está claro que pola zona non pasa moita xente, sobre todo se non é época de pesca, e alí puideron facer isto sen que ninguén vira nada.
Vós que credes que é?