Xuntanza de Asados 2014

6 Ago

Wilson
Calquera tempo pasado foi mellor! Así nos comeza explicando Merchi Pimentel de que se trata a “Xuntanza de Asados”, que este ano celebrou a terceira edición. A idea, certamente é moi boa, xa que “xurdiu dun encontro de amigos e amigas da infancia de entre os cales algúns, por distintos motivos, viven fora da “tribu” (Asados)”. Así que agora, unha vez ao ano, intentan quedar e lembrar vellos tempos.

Merchi explícanos que “despois de dunha longa conversa evocando recordos, típica de compañeiros que levan tempo sen verse, comezamos a argallar a posibilidade de facer unha xuntanza un día de verán; unha idea que foi pasando de boca en boca, collendo cada vez mais forma, até chegar a ser unha xornada repleta de actividades sen máis organización que a que pode ter un patio de escola, ou unha noite de festa de cando tiñamos 18!

IMG_0157

Neste caso, as palabras non quedaron só niso. Polo que materializaron a idea e de que xeito. “O día escollido para tal evento vén sendo, dende o primeiro ano, o sábado do festival ‘Antrospinos'”.

IMG_0158

Merchi tamén nos comentaba que “algunhas das premisas para acudir e sentirte cómodo no grupo son: pertencer a unha franxa xeracional que vai dende o 1960 ao 1975, e ter nacido ou vivido durante a infancia, adolescencia ou primeira xuventude en Asados. Aínda así, o carácter aberto dos asadenses leva a que calquera persoa que se achegue por alí, con ánimo de integración, sexa benvida”.

IMG_0159 IMG_0163 IMG_0167

Para a primeira Xuntanza acordaron rescatar fotos dos caixóns; sen faltar, por suposto, a da primeira comuñón. “Fómolas pasando uns aos outros para miralas e botarnos unhas boas risas”.

IMG_0168 IMG_0170

“Ademais da risoterapia”, continúa contándonos Merchi, “o espírito da Xuntanza é por en práctica moitos dos xogos da infancia, escoitar música cargada de recordos, bailar moito e falar das anécdotas que cada un de nós temos gardadas no maxín, para descubrir que unha vez que as estás a contar, sempre hai alguén que a comparte e che replica que o estas a contar mal! Así, até a próxima Xuntanza, viviremos as nosas vidas de adultos, sabendo que polo menos, un día de xullo do seguinte verán teremos a certeza de que… Calquera tempo pasado foi mellor!”.

IMG_0172 IMG_0175 IMG_0178 IMG_0182 IMG_0185 IMG_0187 IMG_0196 IMG_0204 IMG_0208 IMG_0210 IMG_0214 IMG_0220 IMG_0225 IMG_0232 IMG_0237 IMG_0244 IMG_0250 IMG_0255 IMG_0258 IMG_0265 IMG_0268 IMG_0270 IMG_0273 IMG_0274 IMG_0286 IMG_0292 IMG_0294 IMG_0302 IMG_0303 IMG_0304 IMG_0309 IMG_0311 IMG_0314 IMG_0315 IMG_0323

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: