Un ano máis, traémosvos as fotos da romaría da Virxe dos Milagros do Araño.
Curiosamente, este ano houbo máis xente nas misas de primeira hora que na da 1 da tarde. De feito, a iso das 10 da mañá houbo un gran atasco de coches para acceder ata o campo no que se ofrendan as misas.
Aproveitamos para agradecer á Comisión de Festas o seu traballo. Aquí abaixo tedes ao seu presidente, quen a pesar de ser tan novo, traballa con moitos outros veciños por termos unhas festas máis que dignas.
Os grupos de gaitas non faltaron. Algúns, debían estar cansos de tanta festa:
Como todos os anos, moita xente levou candeas pedindo por algún familiar:
Velaquí o momento da procesión da Virxe dos Milagros ata a igrexa:
Aquí podemos apreciar os billetes que levaba este ano a Virxe no seu manto. Menos que outros anos. Pero non por iso deixan de faltar os billetes de 100 ou de 50 euros:
Como se pode ver, chovía algo. E houbo máis dun precavido que optou por levar o paraugas e botar man del:
E aquí o momento onde xa deixan a Virxe dentro do templo:
No campo, a xente aproveitaba para tomar o vermú, mentrese se arrexuntaba a banda de música:
Houbo numerosos postos de rosquillas e sempre se aproveita a última hora para mercar algo:
Comentar tamén que a pesar de que o tempo estaba un pouco inestable, moita xente acudíu á verbena pola noite. De feito, podedes ver que o sábado, coa Abanico, o campo estaba case cheo:
Por certo, que no facebook de Rabunho Rexeita podedes atopar moitas máis imaxes da procesión, en varias reportaxes moi completas.
Deixar unha resposta