Imos hoxe coas fotos dos dous últimos días das Noites de Jazz 2014.
O venres 01 de agosto tocoulle o turno ó cuarteto Wilson&Friends, que por mor da choiva tivo que trasladarse ó auditorio rianxeiro.
O sábado, e esta vez si, xa, na praza de Rafael Dieste, tocoulle o turno a Quin García Trío:
Agora xa só nos queda agardar un ano máis, e agardaremos con impaciencia as vindeiras Noites de Jazz no 2015.
Queríamos tamén, e xa por último, agradecer ó Concello de Rianxo, e especialmente á Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, as facilidades que nos ofrecen para andar libremente polas zonas de concertos e tamén nos camerinos e, como non, ós músicos que amablemente se ofrecen para que os retratemos.
Deixar unha resposta