Xa van alá dous días das Noites de Jazz 2014 no Concello e estamos en pleno ecuador de concertos, xa que aína quedan outras dúas xornadas máis. E asegurámovos que estas noites de calor nas que apetece saír e dar unha volta, a praza de Rafael Dieste é un sitio idóneo para pasar un bo rato. E se por enriba podemos escoitar música da talla do que estamos a ver, que mellor!
Hoxe venres, tocaralle o turno ás 22:30 ós Wilson & friends, e mañá sábado, á mesma hora, ós noieses Kin García trio.
Imos deixarvos unhas fotos que fixemos estes dous primeiros días de concerto. Comezamos coas da Big Band da Escola de Música de Rianxo, que estiveron preparando a gala cunha masterclass a cargo do profesor Pablo Castaño.
Tamén vos deixamos fotos do Nine Quartet. Nacido en Asados, Nine obsequiou o público cun tema composto para o libro Creadores de Rianxo, que se presentou a semana pasada no Concello con motivo da feira do libro 2014.
Agora xa só nos queda desfrutar das dúas noites de jazz que se celebrarán hoxe e mañá. Animádevos, que paga a pena!
Fotassasss!!! De tódolos xeitos, se alguén teme pola friaxe ou a posible e non invitada choiva destes dous últimos días, nin problema nin escusas: trasládamonos ao Auditorio* e asunto resolto.
___________________________________________
* Para os que non teñen a fortuna de ser rianxeiros: o Auditorio está na zona portuaria, ao lado do parque infantil. A entrada será de balde ata escotar as localidades.