Tag Archives: Asados

Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes

23 Xuñ

Grazas outra vez ao noso amigo Rabunho Rexeita, descubrimos un novo e interesante episodio da historia de Rianxo: cando realmente non había un concello, senón tres. Pois si, amigos, pois Taragoña e Asados eran municipios que non tiñan nada que ver con Rianxo, agás que os límites xeográficos. Rianxo e Asados pertencías ao partido xudicial de Padrón, mentres que Taragoña pertencía ao de Noia.

Sorprende saber tamén que o concello máis grande era no seu día o de Asados, xa que formaban parte del as actuais parroquias do Araño, Leiro e Isorna. Vamos, que a día de hoxe a cousa podía ser tal que así:

rianxo_concellos

 

Seguir lendo

Festa en San Pedro de Vilas 2013

18 Xuñ

O próximo 29 de xuño, terá lugar en Asados a festa de San Pedro de Vilas.

Como nos indican dende a organización, trátase dunh “romaría pensada para todas persoas”, xa que para os maiores “hai misa cantada e dúo moi bailable despois de comer”. Para os pequenos da casa hai “un hinchable gratuíto e animación de 14 a 18 horas”. E para os que teñen ganas de marcha, hai “concertos nocturnos con dous grupos rock e dous DJ”.

Cartel_Vilas_2013

II Romaría Popular do CEIP Ana María Diéguez

11 Xuñ

O pasado sábado no colexio Ana María Diéguez de Asados tivo lugar a II Romaría Popular.

Durante todo o día sucedéronse actividades tales como teatro, xogos populares, exposicións (instrumentos musicais, exposición de fotos, exposición de Che Tembra, pintores ó vivo, cadros, etc). Tamén puidemos atopar diferentes postos de venda de comidas, agasallo, cestería, obradoiros de prata e madeira, entre outros.

Logo do xantar popular, onde non faltou o polbo e o churrasco, foi o momento dos máis pequechos con multitude de xogos populares tradicionais ó seu dispor, e onde o pasaron de medo e sen ter que recurrir ás videoconsolas nin ós xogos electrónicos.

Nós só puidemos estar pola tarde e foi unha mágoa, pois o ambiente estivo do máis animado.

Deixamos aquí unhas fotiños do que foi dando a tarde e agardemos que para o ano poidamos desfrutar de novo desta romaría.

ImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImageImage

Nota de prensa do Teatro Airiños

21 Feb

Hoxe xoves 21 de febreiro do 2013, o teatro Airiños de Asados tería que estar na cidade da cultura en Compostela recollendo o seu galardón outorgado pola laboura desenvolta polo grupo de teatro máis antigo de Galiza (en activo).

Mais, e en repulsa polo que está a acontecer no eido da cultura e en  apoio aos traballadores das artes escénicas e musicais que estes mesmos días se manifestan alí mesmo polo parón que sofre o sector, non pasarán a recoller dito premio.

Velaquí a nota de prensa que deixan na sua páxina web:

http://teatroairinhos.es/novas/comunicado-de-prensa/

Documental sobre Airiños

25 Dec

Velaquí vos deixo un pequeno adianto dun documental realizado por Antonio Caeiro, sobre Airiños. Segundo os autores, “o grupo de teatro afecionado “Airiños” de Asados (Rianxo) foi creado polas Xuventudes Galeguistas en 1935. A pesares da guerra civil e a ditadura consigue sobrevivir e sigue en pe a día de hoxe. É un exemplo de resistencia social e cultural en Galicia”.

airinhos

Todos con Manoel Antonio

26 Xul

Este sábado 28 de xullo, ás 17.00 horas, celébrase na Praza de Manoel Antonio de Rianxo unha cita poética para homenaxear ao noso gran poeta. Organizado pola Plataforma Cultural Galega, contará cun recital poético, con actuacións musicais e tamén cun recital infantil.

Cristo sen pernas en Asados

15 Xan

En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.

Campo de fútbol de Asados

6 Xuñ

Dende este blog dámoslle a noraboa aos do Unión polo seu ascenso de categoría. E deixo aquí unha panorámica do seu campo de fútbol (clica nela para vela en grande).

 

Estación rupestre As Barras

7 Xan

No Alto do Pilotiño, a parte superior do monte de Asados, podemos atopar a estación rupestre das Barras. Teño que dicir que está moi ben sinalizada, así que é de recoñecer a labor que se fixo neste lugar. Accesible e ben documentado para o visitante.

O campo de fútbol de Vilas

29 Nov

Dende a autovía pode verse como xa está practicamente rematado o campo de fútbol de Vilas, en Asados. Será a primeira vez que teñamos en Rianxo un campo de fútbol con herba, aínda que será sintética. De todos os xeitos, visto o resto de campos de fútbol que hai no concello e o mantemento que se lles dá, case que é a mellor solución. Só fai falla ver o do Araño, no que herba si hai, pero de medio metro e criada polo total abandono. Esperemos que esta infraestrutura sexa aproveitada por todos os veciños e que se coide.