“O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.” Fonte: Xunta de Galicia
Así o decidiu o xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez Abad, e que está conformado por representantes da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, así como por catro profesionais de prestixio no ámbito cultural.
Dende aquí, só nos queda felicitar ao grupo de teatro máis veterano de toda Galicia, que non fai máis que recoller premio tras premio.
Deixar unha resposta