O pasado sábado no colexio Ana María Diéguez de Asados tivo lugar a II Romaría Popular.
Durante todo o día sucedéronse actividades tales como teatro, xogos populares, exposicións (instrumentos musicais, exposición de fotos, exposición de Che Tembra, pintores ó vivo, cadros, etc). Tamén puidemos atopar diferentes postos de venda de comidas, agasallo, cestería, obradoiros de prata e madeira, entre outros.
Logo do xantar popular, onde non faltou o polbo e o churrasco, foi o momento dos máis pequechos con multitude de xogos populares tradicionais ó seu dispor, e onde o pasaron de medo e sen ter que recurrir ás videoconsolas nin ós xogos electrónicos.
Nós só puidemos estar pola tarde e foi unha mágoa, pois o ambiente estivo do máis animado.
Deixamos aquí unhas fotiños do que foi dando a tarde e agardemos que para o ano poidamos desfrutar de novo desta romaría.
Deixar unha resposta