Tag Archives: parroquias

Como votaron as parroquias nas eleccións locais de Rianxo 2019

27 Mai

Na táboa de arriba podes ver os resultados de 2015, cando se presentaron catro formacións ás eleccións locais.

Na táboa de abaixo podes ver de xeito completo e por parroquias os resultados destas eleccións 2019:

En Rianxo: era unha praza desputada, porque tanto Adolfo (BNG), como Germán (PP), Sara (Ciudadanos) e María Xosefa (CxG) viven ou traballan na vila. O BNG segue a ser a forza máis votada, pero perde 14 papeletas. Perden máis apoios o PP e o PSOE, mentres que os gaña Rianxo en Común e aparecen Ciudadanos e Compromiso por Galicia con máis de 100 votos, demostrando o apoio dos veciños destas noas candidatas.

En Taragoña: esta parroquia era feudo tradicional do PP (a candidata nos anteriores comicios, Vanessa Martínez é de aquí), pero desta vez o máis votado foi o BNG, aumentando en 65 os votos que tivera en 2015. Rianxo en Común sobe lixeiramente, baixan PP e PSOE e Ciudadanos supera os 100 votos.

En Asados: a formación máis destacada volve ser o BNG, a pesar de deixar 25 apoios. Destacamos o PSOE, que perde 77 votos e Rianxo en Común gaña 32 votos. Ciudadanos acada 29 papeletas e CxG , ao igual que nas outras parroquias fóra da vila, arredor dunha ducia.

No Araño: tamén era unha praza desputada, porque Julián (ReC) e o número 2 do PP son da parroquia, pero o BNG volve manter a hexemonía grazas en boa medida ao traballo de Tito (número 3 do BNG) estes anos, aínda que deixándose 5 votos. Os populares perden máis de 60 votos, os socialistas 50 e Rianxo en Común gaña 90 apoios.

En Leiro: mentres na campaña anterior votou polo PSOE como primeira opción, desta vez deixouse 70 votos e o BNG convértese na opción favorita dos veciños desta parroquia. O PP perde 30 papeletas, ReC sobe 5 apoios e Ciudadanos ten unha moi boa representación por número de habitantes.

En Isorna: de novo o PSOE é a forza máis votada, contando Mari Carmen Figueira co apoio dos veciños da súa parroquia. A segunda praza é para o PP, pero tanto populares como socialistas perden algo de apoio. O BNG suma 17 aopios con respecto aos anteriores comicios e ReC outros 14.

Como resumo xeral, o BNG suma 57 votos con respecto a 2015, pero non converte esta lixeira subida en máis concelleiros. O PP perde 296 votos e queda cun representante menos na corporación. O PSOE foi o que máis apoios perde, tendo 375 papeletas menos, pero mantendo a mesma representación. Rianxo en Común é o partido que máis sobe dos catro que se presentaron hai catro anos, con 201 votos máis. Ciudadanos entra na corporación con 354 votos (entendemos que boa parte deles do PP e algún do PSOE) e Compromiso por Galicia, a pesar de que na vila tivo un bo resultado, non consegue moitos votos nas parroquias e queda sen escano no Concello.

Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes

23 Xuñ

Grazas outra vez ao noso amigo Rabunho Rexeita, descubrimos un novo e interesante episodio da historia de Rianxo: cando realmente non había un concello, senón tres. Pois si, amigos, pois Taragoña e Asados eran municipios que non tiñan nada que ver con Rianxo, agás que os límites xeográficos. Rianxo e Asados pertencías ao partido xudicial de Padrón, mentres que Taragoña pertencía ao de Noia.

Sorprende saber tamén que o concello máis grande era no seu día o de Asados, xa que formaban parte del as actuais parroquias do Araño, Leiro e Isorna. Vamos, que a día de hoxe a cousa podía ser tal que así:

rianxo_concellos

 

Seguir lendo