Tag Archives: Julián Bustelo

Valoración de Julián Bustelo (Rianxo en Común) dos resultados electorais de 2023

29 Mai

Para Julián Bustelo, líder de Rianxo en Común, a valoración dos resultados electorais “é moi positiva”. Confesa que as expectativas da súa formación eran altas e conseguiron mellorar o número de concelleiros ao acadar 914 apoios máis que nas locais de 2019. Ademais, sinala que foron a opción máis votada “no 60% das mesas do Concello”. Tamén destaca que “somos o grupo que máis medrou dende o 2015, dende que nos presentamos”.

Unha vez asimilado o resultado, sinala que están “emocionados e agradecidos á xente que nos apoiou”, ao tempo que “confiados e emocionados polo novo tempo” que se abre en Rianxo. Neste sentido, Bustelo explica que dende a súa formación están xa “con ganas de traballar”.

O representante de Rianxo en Común indica que agora é preciso “ter un período de reflexión, psaron moitas cousas, hai que valorar e darse un tempo”. A partir de aí, “sendo a lista máis votaa, correspóndenos optar á alcaldía e tomar a iniciativa para establecer diálogos coas outras forzas políticas”. Salienta que van falar con todas as formacións e que están “abertos a calquera escenario”. Deberán analizar “eixos programáticos comúns para traballar” e tamén ter claro que “o que temos por diante son as problemáticas que afectan a Rianxo, que debemos estar 100% centramos en Rianxo”. En base a iso, salienta que “estableceremos decisións” pero tendo claro que, en canto que son a formación con máis votos, se reservan a alcaldía.

A seguinte data importante é o 17 de xuño, cando terá lugar o pleno de investidura. Bustelo ve o futuro “con ilusión e con ganas”. De feito, non esquece que fixeron unha “campaña modesta, pero intensa, cun programa claro, conciso e directo que saíu das reunións que tivemos cos veciños, das súas necesidades”. Agora toca establecer “unha folla de ruta que garanta estabilidade e traballo a medio prazo”.

Como votaron as parroquias nas eleccións locais de Rianxo 2019

27 Mai

Na táboa de arriba podes ver os resultados de 2015, cando se presentaron catro formacións ás eleccións locais.

Na táboa de abaixo podes ver de xeito completo e por parroquias os resultados destas eleccións 2019:

En Rianxo: era unha praza desputada, porque tanto Adolfo (BNG), como Germán (PP), Sara (Ciudadanos) e María Xosefa (CxG) viven ou traballan na vila. O BNG segue a ser a forza máis votada, pero perde 14 papeletas. Perden máis apoios o PP e o PSOE, mentres que os gaña Rianxo en Común e aparecen Ciudadanos e Compromiso por Galicia con máis de 100 votos, demostrando o apoio dos veciños destas noas candidatas.

En Taragoña: esta parroquia era feudo tradicional do PP (a candidata nos anteriores comicios, Vanessa Martínez é de aquí), pero desta vez o máis votado foi o BNG, aumentando en 65 os votos que tivera en 2015. Rianxo en Común sobe lixeiramente, baixan PP e PSOE e Ciudadanos supera os 100 votos.

En Asados: a formación máis destacada volve ser o BNG, a pesar de deixar 25 apoios. Destacamos o PSOE, que perde 77 votos e Rianxo en Común gaña 32 votos. Ciudadanos acada 29 papeletas e CxG , ao igual que nas outras parroquias fóra da vila, arredor dunha ducia.

No Araño: tamén era unha praza desputada, porque Julián (ReC) e o número 2 do PP son da parroquia, pero o BNG volve manter a hexemonía grazas en boa medida ao traballo de Tito (número 3 do BNG) estes anos, aínda que deixándose 5 votos. Os populares perden máis de 60 votos, os socialistas 50 e Rianxo en Común gaña 90 apoios.

En Leiro: mentres na campaña anterior votou polo PSOE como primeira opción, desta vez deixouse 70 votos e o BNG convértese na opción favorita dos veciños desta parroquia. O PP perde 30 papeletas, ReC sobe 5 apoios e Ciudadanos ten unha moi boa representación por número de habitantes.

En Isorna: de novo o PSOE é a forza máis votada, contando Mari Carmen Figueira co apoio dos veciños da súa parroquia. A segunda praza é para o PP, pero tanto populares como socialistas perden algo de apoio. O BNG suma 17 aopios con respecto aos anteriores comicios e ReC outros 14.

Como resumo xeral, o BNG suma 57 votos con respecto a 2015, pero non converte esta lixeira subida en máis concelleiros. O PP perde 296 votos e queda cun representante menos na corporación. O PSOE foi o que máis apoios perde, tendo 375 papeletas menos, pero mantendo a mesma representación. Rianxo en Común é o partido que máis sobe dos catro que se presentaron hai catro anos, con 201 votos máis. Ciudadanos entra na corporación con 354 votos (entendemos que boa parte deles do PP e algún do PSOE) e Compromiso por Galicia, a pesar de que na vila tivo un bo resultado, non consegue moitos votos nas parroquias e queda sen escano no Concello.

Debate sobre medioambiente e política forestal organizado por Fousas ao Monte

18 Mai

Os seis candidatos á alcaldía de Rianxo participaron no día de hoxe nun debate organizado polo movemento veciñal Fousas ao Monte. No marco da I Romaría das Fousas, celebrada en Filgueiras (Taragoña), os aspirantes a facerse co mando do Concello expuseron as súas propostas en materia de medioambiete e de política forestal.

Seguir lendo

Entrevista a Julián Bustelo, candidato á alcaldía de Rianxo por Rianxo en Común

16 Mai

Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.

Seguir lendo

Debate electoral no Canal Rías Baixas

15 Mai

Acaba de celebrarse na televisión Canal Rías Baixas un debate entre catro dos seis candidatos nas eleccións municipais de Rianxo. Segundo puidemos saber, a norma do debate era que participasen os partidos con representación na actualidade no Concello, por iso non estaban os candidatos de Ciudadanos e de Compromiso por Galicia.

Sen máis, compartimos o vídeo no que participan Adolfo Muíños (BNG), Germán Allut (PP), Mari Carmen Figueira (PSOE) e Julián Bustelo (Compromiso por Galicia).