Tag Archives: entrevista

Entrevista a Oscar Rial, candidato á alcaldía de Rianxo polo PSOE

19 Mai

Oscar_Rial_1

Velaquí o cuestionario que lle realizamos a Oscar Rial, que se presenta a través do PSOE á alcaldía de Rianxo.

– Cóntanos un pouco sobre ti (onde vives, a que te dedicas, experiencia…).

– Boas, son Oscar Rial Lago, teño 42 anos, nacido en Isorna, onde teño un sentimento de pertenza moi grande a pesar de que vivín en Rianxo dende os 2 ata os 29 anos, xa que é a terra onde viven meus avós e gran parte da miña familia. Tamén vivín en Boiro e, na actualidade, levo 7 anos vivindo na Laxe Pequena, en Taragoña, coa miña muller Yolanda (Yoli) e os meus tres fillos: Sofía, Manuel e Pedro.

Seguir lendo

Entrevista a Adolfo Muíños, candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG

16 Mai

Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Adolfo Muíños, que se presenta como cabeza de lista do BNG á alcaldía de Rianxo.

Seguir lendo

Entrevista a Julián Bustelo, candidato á alcaldía de Rianxo por Rianxo en Común

16 Mai

Compartimos con vós o cuestionario que lle realizamos a Julián Bustelo, que se presenta a través do partido Rianxo en Común á alcaldía de Rianxo.

Seguir lendo

Duarte Galbán, xefe de produción e guionista de Gafas e Pallaso: “Nunca pensamos que a nosa webserie tería esta repercusión”

10 Set
gafasepallaso

Duarte Galbán (con gravata) co resto do equipo da webserie. Cedida.

Na web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.

Seguir lendo

Entrevista a Gonzalo Hermo, poeta gañador do Premio da Crítica e do Premio Nacional de Literatura 2015

27 Xul
No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

No paseo marítimo de Rianxo. Cedida por Gonzalo Hermo

Ten só 28 anos, pero a Asociación Española de Críticos Literarios xa lle concedeu o seu premio pola súa obra Celebración. Gonzalo Hermo, de Taragoña, daba xa antes mostra do seu talento como poeta en Crac, un poemario convertido en mediametraxe polo director Lázaro Louzao. Por se isto fose foi, acaba de ser premiado co Premio Nacional de Literatura 2015, na modalidade de Poesía Jovén “Miguel Hernández”, dotado con 20.000€. A súa obra, escrita en galego, vemos que ten un gran recoñecemento. De feito, o xurado valorou “a aposta por abrir novos camiños para a expresión poética apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora”.

Aínda que hai máis de 10 anos que non vive aquí, preguntámoslle que significa para el Taragoña, como foi a presentación do seu libro no Curral do Marqués e sobre a saúde da poesía e da nosa lingua.

Seguir lendo

A entrevista a Vanessa Martínez, finalmente non puido ser

20 Mai

Como sabedes, a miña idea era poder entrevistar a todos os candidatos á alcaldía de Rianxo. Hai catro anos non puiden conversar con Carlos Gey (PSOE) e, nesta ocasión, a persoa coa que non puiden falar foi con Vanessa Martínez (PP). Neste caso, soliciteille a entrevista o 28 de marzo, ao que dixo que “sin problema”.

Seguir lendo

Entrevista a Adolfo Muíños, candidato á alcaldía de Rianxo no 2015 polo BNG (parte 2)

18 Mai

_MG_5129

Nesta ocasión sodes vós, os lectores, os que facedes as preguntas. Velaquí as cuestións que lle quixestes formular aos candidatos á alcaldía de Rianxo. (1ª parte da entrevista). As preguntas nas que se indica (FR) ao final son propias, que xurdiron durante a conversa, e as que levan un * ao final son respondidas por escrito, porque foron enviadas polos nosos lectores despois de realizásemos a entrevista.

Seguir lendo

Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 1)

14 Mai

_MG_5156

Quedo con Antón no Campo de Arriba, no mercado de Sachos á Rúa, no que tamén está implicado. Despois imos falar tranquilamente ao Castelao. Un quinto para el e colacao para min e comeza a conversa. Como curiosidade, descubro que non ten whatsapp no móbil. Di querer levar a voz da xente ao concello e facer as cousas doutra maneira.

Seguir lendo

Entrevista a Mari Carmen Figueira, candidata á alcaldía de Rianxo no 2015 polo PSOE (parte 1)

12 Mai

IMG_7031

Quedo con Mari Carmen na sede do PSOE, para estarmos tranquilos e non ter o típico ruído de bar de fondo á hora de transcibir a gravación. Ela leva o fío da conversa. Comeza falándome do debate televisado, de que a xente lle comentou que non parecía unha política, senón alguén normal, pero que se sente orgullosa diso e que en persoa sabe que gaña. Tamén me fala de que estes últimos anos estivo apartada da vida política por unha enfermidade e da responsabilidade que ten agora como cabeza de lista. De feito, xa fóra das preguntas, comenta que en Rianxo sempre houbo unha rosa gobernando e quere que volva.

Seguir lendo

Entrevista a Adolfo Muíños, candidato á alcaldía de Rianxo no 2015 (parte 1)

12 Mai

_MG_5127

Volvo quedar con Adolfo, catro anos despois, no mesmo sitio onde o entrevistei por primeira vez: no Memphis. Son as 10 da mañá do domingo, a xente está entrando para a igrexa e, de fondo, escóitanse as baladadas do reloxo do campanario. No fío musical do bar soa Antonio Orozco. Comeza a conversa arredor dun colacao para min e dun café para el. Se nada cambia, non volverei quedar con el como candidato, porque durante a entrevista confesa que serán os seus últimos 4 anos no concello, ben sexa gobernando ou ben como oposición.

Seguir lendo