A entrevista a Vanessa Martínez, finalmente non puido ser

20 Mai

Como sabedes, a miña idea era poder entrevistar a todos os candidatos á alcaldía de Rianxo. Hai catro anos non puiden conversar con Carlos Gey (PSOE) e, nesta ocasión, a persoa coa que non puiden falar foi con Vanessa Martínez (PP). Neste caso, soliciteille a entrevista o 28 de marzo, ao que dixo que “sin problema”.

O 15 de abril contactei de novo con ela, para vernos esa fin de semana e tiña “actos programados polo equipo de campaña” ata o día das eleccións. Iso si, indicoume que non había problema en que lle pasara as preguntas por escrito, porque as podía contestar cando tivese un oco, cousa que lle agradezo.

Non obstante, a idea era quedar en persoa con todos os candidatos, porque non é o mesmo contestar ao momento que coñecer a preguntas e ter tempo para respondelas. Ademais, algúns partidos contan co apoio de gabinetes de prensa, co cal non temos a certeza de que quen escriba é o candidato ou outra persoa. Queríamos ser neutrais e iguais con todos os candidatos, así que as condicións, para sermos xustos, tiñan que ser as mesmas para todos.

Comentar tamén que lle ofrecín a posibilidade de realizar a entrevista por teléfono, en calquera momento, aínda que fose cinco minutos un día e cinco minutos outro, pero tampouco foi posible. A miña idea, como lle indiquei a semana pasada, era colgar hoxe o cuestionario coas preguntas que lle faría. Pero estas foron variando na miña cabeza, despois de escoitar varias entrevistas na radio e tamén despois de conversar cos outros candidatos ao Concello de Rianxo. De feito, sorprendeume ver algúns puntos en común entre todos eles, como a necesidade de que teñamos un centro de día. Así que espero que poidan deixar a un lado as súas diferenzas políticas e se unan para conseguilo, mirando pola xente e non pola cor dun ou doutro partido.

Como digo, as preguntas foron variando, algunhas xa llas preguntaron noutros medios, así que despois de darlle voltas, coido que non ten sentido deixar un cuestionario que non vai ser respondido, porque se pode interpretar como un ataque, cando non sería a idea. E diría pouco de min como xornalista e deste blog.

O que si, como dicía antes, agardo que nun futuro si haxa ocasión de poder quedarmos e charlar. Creo que nas entrevistas aos tres candidatos que aceptaron falar en persoa houbo preguntas amigables e outras difíciles e complicadas. Na de Vanessa pasaría o mesmo. Porque así é a política: unha tarefa dura, con cousas boas e malas. Por iso quero agradecerlle a Mari Carmen, Antón e Adolfo o seu tempo, que desen a cara e se enfrontaran sen máis armas que a súa palabra ás miñas e ás vosas preguntas.

Con Vanessa agardo contar para a seguinte, porque xa sabe que pesadiño son un bo cacho 🙂

2 Respostas a “A entrevista a Vanessa Martínez, finalmente non puido ser”

  1. Helena Villar Janeiro 05/20/2015 ás 21:03 #

    Pois non se entende a postura da candidata do PP. É a peor cousa que puido facer na campaña. E parabéns a ti, que é como debe obrar un xornalista. Eu tamén agradezo as respostas dos outros dous candidatos e da outra candidata. E a ti este servizo á paisanía, que nos axudou a clarificar moitas cousas. Benzóns.

  2. Diana Gomez 05/21/2015 ás 14:36 #

    A postura da candidata do PP enténdese ben.Xa que ,o que non ten recursos verbais non pode dar a cara.Se non se pode presentar nunha entrevista cara a cara como vai gobernar o concello de Rianxo???.(supoño que terá que botar man do seu segundo fichaxe como puidemos observar no periodico “La voz de Galicia”)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: