Os seis candidatos á alcaldía de Rianxo participaron no día de hoxe nun debate organizado polo movemento veciñal Fousas ao Monte. No marco da I Romaría das Fousas, celebrada en Filgueiras (Taragoña), os aspirantes a facerse co mando do Concello expuseron as súas propostas en materia de medioambiete e de política forestal.
Debate electoral no Canal Rías Baixas
15 MaiAcaba de celebrarse na televisión Canal Rías Baixas un debate entre catro dos seis candidatos nas eleccións municipais de Rianxo. Segundo puidemos saber, a norma do debate era que participasen os partidos con representación na actualidade no Concello, por iso non estaban os candidatos de Ciudadanos e de Compromiso por Galicia.
Sen máis, compartimos o vídeo no que participan Adolfo Muíños (BNG), Germán Allut (PP), Mari Carmen Figueira (PSOE) e Julián Bustelo (Compromiso por Galicia).
Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 2)
19 MaiNesta ocasión sodes vós, os lectores, os que facedes as preguntas. Velaquí as cuestións que lle quixestes formular aos candidatos á alcaldía de Rianxo. (1ª parte da entrevista). As preguntas nosas están marcadas como (FR). Comentar que Antón Castro non quixo contestar nada por escrito, senón que preferíu quedar en persoa para responder a todo.
Resultados das municipais en Rianxo: cambio de tendencia
22 MaiEstes son os resultados das eleccións municipais en Rianxo co 100% dos votos escrutados:
PP: 2.439 votos (36,11%) e 6 concelleiros
BNG: 2.146 votos (31,77%) e 6 concelleiros
PSOE: 2.030 votos (30,05%) e 5 concelleiros
Como podedes ver, cambiou completamente o escenario no noso Concello, onde sempre gobernou con maioría absoluta o PSOE e desta vez é o partido menos votado. Velaquí os resultados no 2007:
PSOE: 3.540 votos (49,73%) e 9 concelleiros
BNG: 1.737 votos (24,4%) e 4 concelleiros
PP: 1.725 votos (24,23%) e 4 concelleiros
O dito, todo un cambio xa que o partido que gañou tradicionalmente en Rianxo non o fará nos próximos catro anos. Agora cabe preguntarse que vai pasar, porque caben dúas opcións:
1. Que goberne o PP, con Vanessa Martínez á cabeza, en minoría
2. Que goberno o BNG, con Adolfo Muíños á cabeza, a través dun pacto co PSOE
Supoño que para a próxima semana se irá aclarando un pouco o panorama e veremos se hai unha aproximación entre os partidos de esquerda ou se o Partido Popular colle o mando da alcaldía con minoría. Dende aquí agardamos que sexa quen sexa o próximo alcalde pense nos veciños, esqueza os personalismos e traballe porque o Concello vaia para arriba.
Por certo, ¿sorprendéronvos os resultados?
Entrevista a Adolfo Muíños, candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG
8 Mai16.02 minutos da tarde. Miro dentro do Memphis e Adolfo aínda non chegou. Por primeira vez non me retraso a unha cita. Sesenta segundos máis tarde véxoo aparecer pola rúa, saudámonos por primeira vez e entramos para tomar un café mentres fago a entrevista. Descafeinado de sobre para min e un cortado para el. Pregúntolle pola campaña mentres saco a gravadora e o caderno coas preguntas. De fondo, no bar, escóitase a narración dun partido de tenis. Creo que xoga Nadal. Máis alá, no pazo de Martelo, chegan os sons de gaitas e pandeiretas. Comezamos a entrevista que paso a transcribir na súa práctica totalidade (sei que é longa, pero intento reflectir todo o que se me dixo).