Resultados das municipais en Rianxo: cambio de tendencia

22 Mai

Estes son os resultados das eleccións municipais en Rianxo co 100% dos votos escrutados:

PP: 2.439 votos (36,11%) e 6 concelleiros
BNG: 2.146 votos (31,77%) e 6 concelleiros
PSOE: 2.030 votos (30,05%) e 5 concelleiros

Como podedes ver, cambiou completamente o escenario no noso Concello, onde sempre gobernou con maioría absoluta o PSOE e desta vez é o partido menos votado. Velaquí os resultados no 2007:

PSOE: 3.540 votos (49,73%) e 9 concelleiros
BNG: 1.737 votos (24,4%) e 4 concelleiros
PP: 1.725 votos (24,23%) e 4 concelleiros

O dito, todo un cambio xa que o partido que gañou tradicionalmente en Rianxo non o fará nos próximos catro anos. Agora cabe preguntarse que vai pasar, porque caben dúas opcións:

1. Que goberne o PP, con Vanessa Martínez á cabeza, en minoría
2. Que goberno o BNG, con Adolfo Muíños á cabeza, a través dun pacto co PSOE

Supoño que para a próxima semana se irá aclarando un pouco o panorama e veremos se hai unha aproximación entre os partidos de esquerda ou se o Partido Popular colle o mando da alcaldía con minoría. Dende aquí agardamos que sexa quen sexa o próximo alcalde pense nos veciños, esqueza os personalismos e traballe porque o Concello vaia para arriba.

Por certo, ¿sorprendéronvos os resultados?

6 Respostas a “Resultados das municipais en Rianxo: cambio de tendencia”

  1. 6ferrados 05/22/2011 ás 21:47 #

    Sorprender é pouco decir. Non polo baixón do PSOE, que o esperaba aínda que non tan grande, se non polo incríble ascenso do PP. Que alguén me explique como se pode ser a lista mais votada despois de que a labor de oposición durante casi 4 anos fose casi inexistinte, de que a campaña fose, pa min, a peor das 3, e de que o programa consista nunhas 10 ou 12 xeneralidades postas nun tríptico ben cativo.
    Supoño que a crise terá algo que ver e que a xente votou PP por iso pero aínda así non o entendo. A marcha de Pedro tamén influiría pero paréceme excesivo o resultado.
    Felicidades a Adolfo, por un traballo ben feito, tanto na oposición coma na campaña.
    Agora só queda desexar que fagan ben as cousas, polo noso ben.

  2. Raquel 05/23/2011 ás 13:39 #

    A min non me sorprendeu nada, de feito esa mesma mañá nunha “porra” improvisada acertei o resultado. Eu non coincido na opinión de 6Ferrados, pero o que si sei é que a xente pedía cambio e tivo cambio, agora só falta saber a súa magnitude.

    Que sexa o que sexa as cousas vaian a mellor, porque en vez de mostrarse como políticos partidistas deberían darse conta de que no fondo non son máis que cidadáns con obxectivos comúns. Non todo debería ser enfrontamento na política, nin uns malos e outros bos.

  3. Bou de vara 05/23/2011 ás 14:51 #

    Rianxo arrecende a alcalde nacionalista. Ánimo Adolfo. A fin de contas, o PP tivo en Rianxo o 36 por cen dos votos fronte ao 62 % das forzas de esquerdas. Rianxo decideu onte un cambio e mandar ao PSOE á oposiciópn, pero non decideu que gobernasen as dereitas. O cambio, en Rianxo, chámase BNG. Se o PSOE non apoia a investidura dun alcalde do BNG é para mallalos, eles saberán. Por fin, na terra de Casteloa, Manoel Antonio e Rafael Dieste e cunha historia marcada por xentes traballadores pode chegar á Alcaldía o partido que representa todo iso: O BNG. E a quen non lle guste… Asssssucar

  4. SEGUIDOR 05/24/2011 ás 08:20 #

    Mira por donde, os dous candidatos que se molestaron en responder á entrevista do autor de fotosderianxo foron os que saliron claramente gañadores das eleccións, mentres que o candidato que nin se molestou en atendelo foi claramente derrotado. ¿Casualidade?

  5. fotosderianxo 05/24/2011 ás 09:28 #

    SEGUIDOR, a resposta é si. Eu tamén o pensei, pero está claro que foi todo casualidade, aínda que seguramente di bastante dos candidatos: había dous que estaban máis abertos a falar, a comunicarse e a chegar a máis rianxeiros. Por iso tiveron máis votos e por iso, entre outras cousas, accederon amablemente a falar comigo e responder as preguntas que vos formulastes.

    Para que vexas que este é un humilde blog, vou dar as estatísticas das lecturas das entrevistas. Entre a entrevista de Vanessa e a de Adolfo suman preto de 350 visitas. Como ves, non é que sexa para tirar foguetes, pero, cando menos, algúns rianxeiros tiveron a ocasión de coñecer mellor a estes candidatos e saber que nos podían ofrecer.

  6. eu 05/27/2011 ás 18:27 #

    e a opción de pacto entre pp e psoe??????

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: