Debate sobre medioambiente e política forestal organizado por Fousas ao Monte

18 Mai

Os seis candidatos á alcaldía de Rianxo participaron no día de hoxe nun debate organizado polo movemento veciñal Fousas ao Monte. No marco da I Romaría das Fousas, celebrada en Filgueiras (Taragoña), os aspirantes a facerse co mando do Concello expuseron as súas propostas en materia de medioambiete e de política forestal.

A orde de participación estableceuse por sorteo. Dese xeito, primeiro falou Sara Resúa (Ciudadanos), despois Adolfo Muíños (BNG), a continuación Julián Bustelo (Rianxo en Común), de cuarto interviu Germán Allut (PP), máis tarde María Josefa Comojo (Compromiso por Galicia) e, por último, Mari Carmen Figueira (PSOE).

En primeiro lugar os candidatos tiveron cinco minutos para falar de política medioambiental. Deixámosvos a intervención de Sara Resúa e de Adolfo Muíños.

Este é o vídeo no que interveñen Julián Bustelo e Germán Allut:

No seguinte vídeo tedes a quenda de María Josefa Comojo e de Mari Carmen Figueira:

Despois desta parte, os candidatos falaron sobre política forestal. No seguinte vídeo, podedes ver a intervención de Sara Resúa (Ciudadanos), de Adolfo Muíños (BNG) e de Julián Bustelo (Rianxo en Común):

Velaquí as propostas de Germán Allut (PP), de María Josefa Comojo (Compromiso por Galicia) e de Mari Carmen Figueira (PSOE) sobre política forestal:

Houbo unha quenda de preguntas:

Por último, os candidatos tiveron un minuto para contar o que quixeran:

Ao final do acto todos os candidatos recibiron un agasallo de Fousas ao Monte. Un pequeno carballo, como símbolo de futuro do noso monte. E o resto de asistentes puido desfrutar da música e da comida na romaría.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: