Tag Archives: Ayuntamiento de Rianxo

Entrevista a Antón Castro, candidato á alcaldía no 2015 por Rianxo en Común (parte 1)

14 Mai

_MG_5156

Quedo con Antón no Campo de Arriba, no mercado de Sachos á Rúa, no que tamén está implicado. Despois imos falar tranquilamente ao Castelao. Un quinto para el e colacao para min e comeza a conversa. Como curiosidade, descubro que non ten whatsapp no móbil. Di querer levar a voz da xente ao concello e facer as cousas doutra maneira.

Seguir lendo

Entrevista a Mari Carmen Figueira, candidata á alcaldía de Rianxo no 2015 polo PSOE (parte 1)

12 Mai

IMG_7031

Quedo con Mari Carmen na sede do PSOE, para estarmos tranquilos e non ter o típico ruído de bar de fondo á hora de transcibir a gravación. Ela leva o fío da conversa. Comeza falándome do debate televisado, de que a xente lle comentou que non parecía unha política, senón alguén normal, pero que se sente orgullosa diso e que en persoa sabe que gaña. Tamén me fala de que estes últimos anos estivo apartada da vida política por unha enfermidade e da responsabilidade que ten agora como cabeza de lista. De feito, xa fóra das preguntas, comenta que en Rianxo sempre houbo unha rosa gobernando e quere que volva.

Seguir lendo

Entrevista a Vanessa Martínez, candidata á alcaldía de Rianxo polo PP

11 Mai

19.30 horas do domigo. Aparco o coche a 10 metros do Pontella. Na beirarrúa hai ducias de persoas charlando, seguramente comentando o mitin que o PP ofreceu hora e media antes e no que estivo Alfonso Rueda, o secretario xeral do PPdeG. Vexo a Vanessa de lonxe e decido achegarme. Está falando con alguén e, ao verme, xíranse. Decido presentarme (xa acordaramos a entrevista por correo) e imos a un reservado do restaurante. De fondo xoga Nadal con Djokovic polo que, mentres acendo a gravadora, sinto un deja vú. Velaquí case a práctica totalidade da entrevista.

Seguir lendo

Entrevista a Adolfo Muíños, candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG

8 Mai

16.02 minutos da tarde. Miro dentro do Memphis e Adolfo aínda non chegou. Por primeira vez non me retraso a unha cita. Sesenta segundos máis tarde véxoo aparecer pola rúa, saudámonos por primeira vez e entramos para tomar un café mentres fago a entrevista. Descafeinado de sobre para min e un cortado para el. Pregúntolle pola campaña mentres saco a gravadora e o caderno coas preguntas. De fondo, no bar, escóitase a narración dun partido de tenis. Creo que xoga Nadal. Máis alá, no pazo de Martelo, chegan os sons de gaitas e pandeiretas. Comezamos a entrevista que paso a transcribir na súa práctica totalidade (sei que é longa, pero intento reflectir todo o que se me dixo).

Seguir lendo

O paseo marítimo de Rianxo

13 Ago

Tamén chamado por todos a “ruta do colesterol” e que se adoita encher de xente á noitiña para baixar eses quilos de máis e para desfrutar da paisaxe.

Rianxo, vila mariñeira

15 Xul

Hoxe déixovos outra foto de Rianxo, cos seus barquiños a carón do paseo marítimo e as casas da ribeira e o campanario da igrexa nunha esquina.

Rianxo

A vila de Rianxo

Vista da vila de Rianxo

25 Mar

Como estes días está a facer moi bo tempo, é unha gozada contemplar como a vila de Rianxo se mira no mar.

Rianxo

Concello de Rianxo