Como sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.
Tag Archives: paseo marítimo de Rianxo
A ponte do paseo marítimo de Rianxo
8 SetCamiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.
Vista da vila de Rianxo
25 MarComo estes días está a facer moi bo tempo, é unha gozada contemplar como a vila de Rianxo se mira no mar.

Concello de Rianxo